Home Pontevedra A praza da Peregrina volve lucir coa nova iluminación led

A praza da Peregrina volve lucir coa nova iluminación led

- Anuncio -

A Concellaría que dirixe Xaquín Moreda rematou nesta semana as probas da instalación da nova iluminación.

Cun orzamento de case 17.000 euros o Concello instalou tecnoloxía led tanto no proxector de fachada como en todas as luminarias da praza, ademais de colocar dous novos farois.

A Concellaría de Servizos urbanos básicos, que dirixe Xaquín Moreda xa rematou a instalación e as probas da nova iluminación da praza da Peregrina. Dende mediados desta semana é claramente visible que a praza recuperou o seu esplendor.
O concelleiro decidiu priorizar esta actuación no centro da cidade dado que a iluminación na praza era deficiente, a pesar dos moitos intentos que se fixeron por parte do Concello por dotar á Peregrina dun alumeado axeitado. Os proxectores instalados e a tecnoloxía existente até o de agora non permitían ter unha iluminación duradeira xa que a chuvia e, especialmente, a humidade afectaban a todas as luminarias que se instalaban sobre a fachada do número 5 da rúa Peregrina.

Na actualidade a tecnoloxía ofrece as suficientes garantías para dotar á Peregrina dunha luz nocturna en condicións, tal e como se pode comprobar dende mediados desta semana que remataron as probas de instalación.

A actuación na Peregrina, que tivo un custe de 16.800 euros, se completou coa substitución a led de todas as luminarias de fachada e reforzouse a iluminación a pé de rúa con dous novos farois. A intervención rematou coa instalación do novo proxector, tamén led, que enfoca cara o centro da praza.

O concelleiro Xaquín Moreda recordou que o alcalde Miguel Anxo Fernández Lores ordenou que o mantemento fose unha das liñas estratéxicas de traballo durante todo o mandato. Nesta ocasión tocoulle ao corazón da cidade, pero a renovación, mantemento ou reforzo da iluminación vénse facendo dende o primeiro día. Nesta liña de traballo está a substitución a led de todo o alumeado da zona sur da cidade, proxecto xa rematado que tivo un investimento superior aos 1,5 millóns de euros; o cambio a led de todas as luminarias do barrio da Seca ou a contratación do alumeado da parroquia de Lérez e do barrio do Burgo cun orzamento de case 1,4 millóns de euros. Ademais, o novo orzamento de 2025 xa dispón dunha consignación de 450.000 euros para cambiar a led os barrios da zona leste da cidade.

Relacionadas

Jacobo Pérez pasa revista ás xestións feitas no seu primeiro mes de mandato e...

0
∙ Ademais de consolidar canles de comunicación directa coa veciñanza, o alcalde salienta actuacións como a dotación dun novo local para o Fogar de...

Éxito na primeira fin de semana do Ciclo Cine de Inverno en Savaterra de...

0
Esta pasada fin de semana deu comezo a 5ª edición do Ciclo Cine de Inverno que organiza o Concello de Salvaterra de Miño. O sábado...

O concello de Bueu organiza unha exposición dos traballos gañadores do Concurso de Ideas...

0
• A mostra, que conta coa colaboración do Colexio de Arquitectos de Galicia, poderase visitar ata o 14 de febreiro na Sala Amalia Domínguez...

O vicepresidente Rafa Domínguez participa na entrega de premios do Campionato Galego Alevín de...

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, acaba de participar no acto de entrega de medallas e trofeos do Campionato Galego Alevín de...

A Deputación leva a oficina móbil do programa +Renovables a Cerdedo-Cotobade para informar a...

0
O deputado provincial Javier Tourís visitou o concello coa oficina móbil, que percorrerá todos os municipios de menos de 50.000 habitantes da provincia para...

A Deputación celebra esta semana as primeiras das visitas guiadas temáticas polos xardíns...

0
Os percorridos inclúense dentro da programación que a institución provincial puxo en marcha para descubrir a camelia, que inclúe obradoiros, contacontos, un street escape...

Publicacións Relacionadas