Home Pontevedra O Salnés A Xunta conclúe o trámite ambiental da modificación do PXOM de Sanxenxo...

A Xunta conclúe o trámite ambiental da modificación do PXOM de Sanxenxo para delimitar o núcleo de Major

- Anuncio -

— A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda acaba de emitir un informe no que descarta efectos ambientais significativos derivados da proposta municipal


— A finalidade dos cambios urbanísticos que se queren introducir é recoñecer como solo de núcleo rural este asentamento costeiro de recente formación

A Xunta de Galicia acaba de finalizar o trámite ambiental da modificación puntual número 8 do PXOM de Sanxenxo que ten por obxecto delimitar o núcleo rural de Major, un asentamento de recente formación localizado no bordo costeiro e froito do elevado interese turístico desta zona.

Unha vez analizada a proposta, a Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático emitiu un informe ambiental no que conclúe que os efectos ambientais que se agardan non se consideran significativos e, por conseguinte, descarta sometela ao procedemento de avaliación ambiental estratéxica ordinaria.

En todo caso, o órgano ambiental si que establece unha serie de determinacións que deberá cumprir o Concello de Bueu, na súa condición de promotor. Así, a modificación terá que conter o estudo de paisaxe que esixe o regulamento da Lei de protección da paisaxe de Galicia, un documento proporcionado e específico ao lugar e ás características da ordenación.

Igualmente, trasladaranse á normativa do planeamento as medidas recollidas no borrador para favorecer a integración visual do novo aparcadoiro proxectado, ao tempo que se suxire establecer medidas para a recuperación e rexeneración ambiental do aparcadoiro espontáneo existente ao suroeste do ámbito delimitado.

Con este informe ponse fin á tramitación do expediente por parte do órgano ambiental e, por conseguinte, a modificación do planeamento promovida polo Concello de Sanxenxo para recoñecer e delimitar como solo de núcleo rural o asentamento de Major poderá continuar coa súa tramitación urbanística.

Relacionadas

A Xunta activa desde hoxe a descarga por parte de particulares da 5ª Edición...

0
― A iniciativa da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración permitirá mobilizar 12 millóns de euros en compras nos establecementos de proximidade, a través...

O Concello presenta a sexta edición da Feira de Minerais de Guláns que inclúe...

0
• O evento, que se desenvolve entre o 3 e 5 de maio, inclúe obradoiros nos colexios do municipio O Concello presentou a sexta edición...

Ruta guiada polo Val do Louro, Covelo, este domingo día 28

0
De trazado circular e dificultade media, o PRG-258 pode realizarse en arredor de cinco horas partindo ás 09:00 horas do monte da Guía, en...

O proceso participativo da estratexia 2030 recaba as ideas dos axentes sociais da vila

0
• As principais entidades asociativas da vila e empresas expuxeron as súas inquedanzas • Con esta reunión preténdese crear un camiño de unión no cumprimento...

Portas rendirán homenaxe ao cartógrafo e matemático Domingo Fontán no 236 aniversario do seu...

0
O acto desenrolarase este domingo ás 12 horas na Casa de Cultura no lugar de Porta do Conde, lugar de nacemento do insigne ilustrado. A...

Play-Doc reivindica o pasado e o presente do cinema galego na súa 20 edición

0
Play-Doc presenta os trece títulos da Competición Galicia e inaugura a sección Sombras, dedicada a recuperar películas de cineastas galegos cuxa obra foi pouco...

Publicacións Relacionadas