- O Porriño acollerá o próximo 20 de setembro a XV edición da Interrunning e a IV Carreira de Empresas de Galicia.
- Durante todo este mes de xuño hai unha promoción especial de lanzamento de 6 euros.
Xa están abertas as inscricións para a INTERRUNNING – CAE 2026, un dos eventos de running popular máis importantes de Galicia, que se celebrará o próximo 20 de setembro no Porriño. O evento está organizado polo Clube Interrunning en colaboración co Concello do Porriño.
A proba acadará en 2026 dous fitos moi especiais: a XV edición da Interrunning, consolidada como unha das carreiras populares de referencia en Galicia, e a IV edición da Carreira de Empresas de Galicia, unha competición que ano tras ano reúne a centos de traballadores e empresas comprometidas coa saúde, o deporte e o traballo en equipo.
Como promoción especial de lanzamento, a organización estableceu un prezo único de inscrición de tan só 6 euros durante todo o mes de xuño, unha oportunidade única para asegurar o dorsal nunha proba que cada tempada reúne a miles de participantes.
“Estamos ante unha cita única en Galicia que logra fusionar o deporte popular, a cultura empresarial e o compromiso solidario, destinando unha parte dos fondos recadados a apoiar o labor destas tres entidades sen ánimo de lucro”, explica o alcalde, apuntando que a Interrunning vai moito máis alá dunha simple competición
Un evento para todos os públicos
La INTERRUNNING – CAE 2026 mantén o seu carácter aberto, inclusivo e familiar, ofrecendo modalidades para corredores, caminantes e nenos de todas as idades:
- Interrunning 10K
- Interrunning 5K
- Andaina Popular 8K
- Carreiras infantís Chupetes
- Carreiras infantís Pitufos
A proba está aberta tanto a atletas populares experimentados como a persoas que desexan iniciarse no running o desfrutar dunha xornada deportiva en familia.
A gran festa del running popular galego
Ao longo das súas quince edicións, a Interrunning converteuse en moito máis ca unha carreira. O seu espectacular percorrido, o ambiente festivo, a implicación do tecido social e empresarial e a gran participación cidadá situárona entre as carreiras populares máis destacadas de Galicia.
A organización agarda unha importante presenza de corredores procedentes de toda Galicia e do norte de Portugal, consolidando ao Porriño como un dos grandes puntos de encontro do deporte popular na comunidade.
A Carreira de Empresas continúa medrando
A IV Carreira de Empresas de Galicia volverá ser un dos grandes atractivos do evento. Empresas, institucións e organizacións poderán formar equipos e compartir unha experiencia deportiva que fomenta valores como a saúde laboral, a motivación, o compañeirismo e o traballo en equipo.
Cada ano son máis as compañías que apostan por esta iniciativa, convertendo a proba nunha referencia dentro do ámbito do deporte corporativo galego.
Unha carreira comprometida coa solidariedade
Ademais de promover o deporte, os hábitos de vida saudables e a participación cidadá, a INTERRUNNING – CAE 2026 mantén o seu firme compromiso coa solidariedade.
Un ano máis, o evento colaborará con tres entidades de gran relevancia social, contribuíndo a dar visibilidade ao seu labor e apoiando os seus proxectos en favor das persoas que máis o precisan.
No plano solidario, a organización mantén o seu compromiso con:
- ACEESCA, entidade centrada na inclusión social e a mellora da calidade de vida das persoas con discapacidade intelectual.
- AFAGA, asociación que traballa no apoio e acompañamento de persoas afectadas polo Alzhéimer e outras demencias, así como dos seus familiares e coidadores.
- AECC (Asociación Española Contra o Cancro), referente nacional en investigación, prevención, atención e acompañamento a pacientes oncolóxicos e as súas familias.
Desta forma, cada inscrición convértese tamén nun xesto de apoio a causas que contribúen a construír unha sociedade máis inclusiva, solidaria e comprometida.
Programa do evento
- 📍 O Porriño
- 🕘 09:30 h – Andaina Popular 8K
- 🏃 11:30 h – Interrunning 5K e 10K
- 👦 12:45 h – Carreira Pitufos
- 👶 12:50 h – Carreira Chupetes
- 🏆 13:00 h – Entrega de premios
Inscricións abertas
As inscricións xa poden formalizarse a través da páxina oficial do evento.
Promoción especial de lanzamento: 6 euros durante todo o mes de xuño.
A organización (Clube Interrunning e Concello do Porriño) anima a corredores, caminantes, familias e empresas a reservar canto antes a súa praza para formar parte dunha edición histórica que celebrará os 15 anos da Interrunning e o crecemento constante da Carreira de Empresas de Galicia.
Máis información e inscricións: Ligazón de inscrición de Emesports

