Home Pontevedra Baixo Miño Alumnado de 4º da ESO asistiu hoxe a unha nova proxección do...

Alumnado de 4º da ESO asistiu hoxe a unha nova proxección do programa O cine nas aulas

- Anuncio -

A través do cine traballarán na importancia do deporte, a inclusión, as redes sociais, a discapacidade intelectual e os videoxogos

O cinema coma ferramenta educativa e de traballo é a clave sobre a que hai anos o Concello de Tui leva a cabo o programa “O cine nas aulas”, que cada curso escolar chega ao alumnado de Primaria e Secundaria dos centros educativos do municipio.

Hoxe mércores tivo lugar unha nova proxección no Teatro Municipal dunha película á que asistiu alumnado de 4º de ESO dos IES Indalecio Pérez Tizón e San Paio, Colexio Maristas Santa María e Seminario Menor San Paio. Esta foi a segunda proxección deste curso.

A través da película elixida abordouse a importancia do deporte, a inclusión, as redes sociais, a discapacidade intelectual e os videoxogos, realizándose unha análise das personaxes. A técnica de Prevención do Concello de Tui é a encargada de elaborar as unidades didácticas coas que posteriormente traballarán nas aulas.
Cada curso escolar o Concello de Tui, a través do Servizo de Prevención de Drogodependencias, oferta aos CEIP’s e aos IES’s este programa no que se abordan múltiples problemas da sociedade actual mediante a posta en marcha de actividades preventivas, sendo a educación o elemento básico.

O cine conta cun indubidable atractivo para a mocidade. Este programa non é so unha actividade de divertimento, senón que constitúe unha oportunidade para captar a atención de mozos e mozas, apoiar a súa capacidade de reflexión e favorecer a análise e a crítica dos contidos educativos que presenta.

Tras esta proxección o profesorado traballará nas aulas o tema abordado na película a través do material complementario facilitado dende o Concello, e que servirá como soporte para tratar as diversas temáticas transversais que aparecen en cada guía. Deste xeito o cine convértese nun recurso de primeira magnitude que permite profundar noutros ámbitos transversais que resulten de interese de cada docente.

Relacionadas

Luis Menor enxalza a “vangarda” do Centro de Procesado Avícola de Coren e a...

0
O presidente da Deputación visitou as instalacións do Centro de Procesado Avícola, en Santa Cruz de Arrabaldo, onde traballan máis dun millar de empregados Menor...

A Xunta pon en marcha o novo polo de Vilanova de Arousa, consolidando con...

0
― José González puxo en valor a Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego que prestou axuda a máis de 2.800 proxectos...

O Concello de Baiona celebra o seu magosto popular

0
A zona vella de Baiona acollerá este sábado 16 de novembro de 2024, un tradicional magosto popular. O evento terá lugar na carpa instalada...

Escape Room “Rexeita os malos tratos” no IES Primeiro de Marzo

0
Mais de 200 alumnos e alumnas do IES Primeiro de Marzo participan esta semana na actividade Escape Room educativo “Rexeita os malos tratos”, organizada...

Sindy Takanashi e Diana López conversarán en Marín sobre ciberacoso, violencia sexual e machismo...

0
O coloquio feminista entre a creadora de contidos e a xornalista será o 21 de novembro ás 19.30 horas no Museo Torres e forma...

Paula Pier pecha a programación de outono no Teatro Municipal de Tui con “Eu,...

0
Será este venres 15 de novembro. Trátase dun espectáculo de poesía e música que conta unha historia de amor propio convertida nunha festa “Eu, Fraude!”...

Publicacións Relacionadas