O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, xunto coa deputada de Turismo, Nava Castro, participa no minuto de silencio en sinal de respecto polas vítimas da DANA que afectou a Valencia e distintas comunidades convocado por Turespaña no marco da World Tourist Market que se está celebrando en Londres. O mandatario provincial tamén asinou no libro de condolencias para facer chegar o pésame da Deputación a todas as persoas afectadas por esta traxedia.

