Arbo estrea “Lamprey’Music” con Discoteca Mobil

adminON
Lectura mínima de 2
  • Arbo organiza “Lamprey’Music” o festival lampreeiro que terá lugar o día 13 de agosto na Praza do Concello.
  • O Evento enmarcase dentro da Semana Cultural de San  Roque e contará coa Discoteca Móbil  MPV MUSIC

A xuventude é o futuro. Porque xuventude e desenvolvemento é a peza esencial para  dinamizar e potenciar o  municipio, e por tal motivo o Concello de Arbo, organiza o martes 13 de agosto, a I edición de “Lamprey’Music”  na Praza do Concello, coincidindo esa semana o Día Internacional da Xuventude.

Dende as 23:00h. en diante “Lamprey’Music” contara con música  en directo coa Discoteca Móbil “MPV MUSIC” sendo a entrada é gratuita.

“Lamprey’Music”, evento enmarcado dentro do Verán Cultural está pensada para mozos e mozas a partires dos 16 anos, pero tamén se busca a participación de todas as idades, así como ofrecerlle áos arbenses alternativas de  ocio nocturno na Vila, e darlle ambiente festivo e veraniego a Arbo.

Ca I edición do “Lamprey’Music”  pretendese atraer a mocidade dos concellos limítrofes, incluido do país veciño Portugal, esperando que a tod@s lle guste este evento, sexa exitoso e  quede marcado no calendario para próximos anos- informa o alcalde de Arbo – Horacio  Gil

O Concello de Arbo, ofrece todo o que o visitante pode demandar, independentemente da súa idade. Arbo é  un atractivo donde actividades, deporte de aventura, patrimonio, instalacións e gastronomía van da man, polo que o día 13 de agosto quen o desexe poderá desfrutar  dun día fantástico: sexa realizando rafting coas dúas empresas arbenses especializadas en deporte de aventura, refrescarse na piscina municipal, cear nun restaurante ou bar da zona e para rematar a xornada “Lamprey’Music” na Praza do Concello.

O día 13 de agosto dende o Concello convidamos a todos e todas a visitar Arbo e disfrutar da da I Edición do “Lamprey’Music”.

Comparte este artigo