• As obras son cofinanciadas por AGADER ao abeiro da Resolución do 19 de decembro de 2023 pola que se aproba o Plan marco de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2024-2025, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) ao abeiro do Programa de desenvolvemento rural (PDR) 2014-2020 (DOGA núm. 18, do 25 de xaneiro de 2024): Nº Expediente: PM24-0113.
• O Orzamento base de licitación das obras: 54.431,35 € (IVE do 21% incluído que ascende a 9.446,76€.-)
Examinado o contido da Resolución do 19 de decembro de 2023 pola que se aproba o Plan marco de mellora de camiños rurais municipais cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) e as necesidades deste Concello, solicitabase unha achega para a mellora e ampliación do vial que da acceso dende As Laxas a Igrexa Parroquial de Arbo, co obxectivo principal de optimizar a circulación de vehiculo e aumentar a seguridade viaria na zona.
Estas obras de mellora, contemplaron a demolición de muro para lograr un maior ancho de vial facilitando o cruzamento de persoas e vehículos, ao ser esta unha zona moi utilizada polos veciños da zona e as súas explotacións agrícolas, procedeuse a eliminación de raíces das árbores próximas e a creación de cunetas pola marxe esquerda.
Realizadas as actuacións previstas, o Concello de Arbo da por finalizados os traballos de mellora do vial de acceso dende As Laxas á Igrexa Parroquial de Arbo, sendo o orzamento asignado para estas obras 54.431,35 €.-.
Durante a visita a obra, o alcalde de Arbo, destacou a importancia deste “acondicionamento co que se mellorou a seguridade viaria e o acceso a unha zona de moito transito como é o cemiterio ou a Igrexa Parroquial Santa María de Arbo”. “Unhas actuacións moi importantes polas que investimos en total máis de 54.431,35euros”, sinalou Horacio Gil.
Coas actuacións realizadas optimizouse o servizo que ofrece o vial sobre o que se actúa, a través da súa mellora e ampliación, co obxecto de facilitar a accesibilidade e mobilidade das persoas e vehículos, reparando os muros de contención semiderruídos, ampliando o vial para facilitar o cruce de vehículos e persoas, canalizando as augas superficiais, reparando zonas afectadas polas raíces do arborado perimetral e aumentando a visibilidade e , consecuentemente, a seguridade en zonas de trazado curvo con acceso a parcelas agrícolas.
Estas obras continúan na linea do goberno arbense de mellorar a contorna e acceso á Iglesia, que se iniciaron no ano 2017 co proxecto “mellora e pavimentación do acceso a Iglesia de Santa María” desde a Rotonda das Pesqueiras que consistiron en reparación do muro existente enfronte de la Iglesia, repoñendo pedras caídas e realizando as obras de baleirado e compactado, reparando tubaxe de abastecemento e colocación de novas tubaxes, colocación dunha balaustrada na zona do muro e as do ano 2020 de “Mellora acceso As Laxas desde a PO-400” que consistiron na ampliación e pavimentación do víal.