As Neves acollerá unha Gala de Cine Médico para dar visibilidade ás enfermidades raras

adminON
Lectura mínima de 2

O vindeiro luns, 16 de decembro de 2024, o Auditorio José Gil de As Neves será o escenario da Gala de Cine Médico sobre “Enfermidades Raras”, unha iniciativa pioneira orientada a dar visibilidade a estas patoloxías pouco comúns e a fomentar o coñecemento e a empatía social cara ás persoas afectadas e as súas familias.

Con entrada libre ata completar aforo, esta gala contará cun programa cargado de proxeccións e debates que se desenvolverán ao longo do día. Entre os temas que se abordarán destacan enfermidades como o Síndrome de Treacher Collins, o Síndrome de Joubert, a Enfermidade de Niemann-Pick, o Síndrome de Prader Willi, a Retinopatía do Prematuro ou a Enfermidade de Huntington, entre outras.

Ademais das proxeccións, o evento incluirá un debate final baixo o título “A importancia de dar visibilidade ás enfermidades raras”, no que se analizarán os retos e oportunidades para mellorar a atención e integración das persoas afectadas.
Programa da Gala
Mañá:
10:00-10:15 👉 Inauguración
10:15-10:45 👉 Síndrome de Treacher Collins
10:45-12:00 👉 Síndrome de Joubert e trastornos relacionados
12:00-12:30 👉 Pausa-café
12:30-13:15 👉 Enfermidade de Niemann-Pick
13:15-13:45 👉 Enfermidade de Charcot-Marie-Tooth
13:45-14:30 👉 Síndrome de Prader Willi

Tarde:
16:30-17:00 👉 Retinopatía do Prematuro
17:00-17:30 👉 Enfermidade de Huntington (Corea de Huntington)
17:30-18:00 👉 Debate: A importancia de dar visibilidade ás enfermidades raras

Un evento colaborativo
A gala está organizada pola asociación A Cancela, que celebra o seu 50º aniversario, e conta coa colaboración do Concello de As Neves, o Servizo Galego de Saúde (Sergas) e diversas entidades vinculadas ao ámbito sanitario e social.
Unha cita imprescindible
Este evento é unha oportunidade única para achegarse a realidades pouco coñecidas e aprender máis sobre as enfermidades raras, contribuíndo a unha maior visibilidade e inclusión destas patoloxías na sociedade.

Comparte este artigo