Redondela ofrece campamentos dixitais para a rapazada de 9 a 17 anos

adminON
Lectura mínima de 2

A Concellería de Novas Tecnoloxías do Concello de Redondela, que xestiona Antonio Cabaleiro, desenvolverá entre os meses de outubro e decembro, nas Aulas CeMIT de Redondela e Chapela, cursos totalmente gratuítos dirixidos a nen@s de 9 a 17 anos onde abarcarán competencias dixitais.

Campamento Dixital é un programa de actividades extraescolares gratuítas para nenos, nenas e adolescentes de 9 a 17 anos en competencias dixitais. Son sesións de 30 horas de formación gratuíta máis actividades complementarias online guiadas, polas tardes como unha actividade extraescolar.

A aprendizaxe está exposta como un xogo a través dunha aventura interactiva, na que deberán completar etapas e cumprir misións para conseguir logros.

Campamento Dixital é unha iniciativa impulsada por Fundación Cibervoluntarios, dentro do Programa de Competencias Dixitais para a Infancia, CODI, posto en marcha polo Ministerio de Mocidade e Infancia e o Alto Comisionado contra a Pobreza Infantil, financiado por Fondos Next Generation da Unión Europea.

Para estes cursos ofértanse en diferentes horarios mais de 90 prazas para diferentes cursos e horarios na aula de Redondela e na de Chapela.

As instancias para participar nos cursos pódense recoller na páxina web de Redondela (www.redondela.gal), no Centro de Formación A Marisma (á beira da piscina municipal) e no multiusos da Xunqueira en Redondela. En Chapela pódense solicitar nas Dependencias dos Servizos Sociais.

A presentación solicitudes e a documentación precisa farase nos rexistros habilitados do Concello de Redondela. A selección será por orde de inscrición. Posteriormente, ao alumnado con praza concedida chamaráselle por teléfono para confirmar a súa participación.

Comparte este artigo