Cativada de 9 a 13 anos está a recibir na Biblioteca María Magdalena formación en robótica e compatencias dixitais durante un campamento estival liderado por Fundación Esplai Galicia
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Educación mosense, Julia Loureiro, visitaron á cativada que está a participar no Curso de competencias dixitais na infancia que se imparte na Biblioteca Pública Municipal Maria Magdalena.
Trátase do Proxecto “CRI-TIC, infancia e mozos con criterio dixital”, liderado por Fundación Esplai en Galicia, que ten como obxectivo principal favorecer a adquisición de competencias dixitais, buscando garantir a inclusión dixital desde a infancia.
Durante o mesmo os rapaces e rapazas aprenden diversos contidos de competencia dixital e robótica, incluíndo tarefas como o deseño de proxectos a executar con impresora 3D, etc. Incluso dispoñen dunha destas impresoras na que están a poñer en práctica o aprendido.
As representantes municipais, Arévalo e Loureiro, informaron de que o curso está dividido en 2 grupos por idades: de 9 a 11 anos e de 12 a 13 anos, con 17 participantes en total que o realizan totalmente de balde.
A formación comezou o pasado 23 de xullo e prolongarase ata ao 14 agosto. Os participantes recibirán un diploma acreditativo ao finalizar o curso.

