- No acto presentouse un novo libro da colección “Creadores Ponteareáns” que recolle a obra do mestre
- Tamén se presentou a actualización do percorrido que ofrece o museo, con novos espazos e paneis
O Concello de Ponteareas vivíu hoxe un momento histórico ao recibir a doazón do despacho do Mestre Reveriano Soutullo. Nun xesto de “infinita xenerosidade” segundo calificou a alcaldesa Nava Castro, o neto do Mestre Reveriano Soutullo, Reveriano Soutullo Burcet, doou ao Concello o escritorio de madeira no que pasou longas horas o recoñecido compositor ponteareán. “Reveriano Soutullo fainos sentir orgullo e sentímolo de todas e de todos os ponteareáns por iso hoxe agradecemos esta importante doazón que nos achega aínda máis ao mestre cun xesto xeneroso e entrañable por parte dos seus”.
A doazón do despacho do Mestre foi acompañada da presentación do libro “”Reveriano Soutullo. Vivir entre corcheas”, de Rosa Arija Soutullo” escrito pola súa neta María Rosa Arija con revisión do escritor Manrique Fernández e dentro da colección “Creadores Ponteareáns”. Unha recompilación da obra do mestre Soutullo que segundo Arija “era necesaria e urxente ademais dunha débeda pendente para que non se perdan as súas obras”.
Durante este emotivo acto a familia agradeceu o interese do Concello na posta en valor da figura de Reveriano Soutullo así como o dos músicos, orquestras, bandas de música e agrupacións que interpreta a súa obra salvándoa do esquecemento.
Ao fío desta recompilación a alcaldesa acadou o compromiso do deputado de Cultura, Jorge Cubela, presente no acto, para a edición da tesis doutoral do músico Alejo Amoedo, pianista membro do Consello da Cultura Galega, tamén participante no acto.
A doazón do despacho de Soutullo e a presentación do libro que recolle a obra producíuse no espazo que dende hoxe adica o Museo de Ponteareas á súa figura. O Museo de Ponteareas abríu hoxe as súas portas logo dun mes de reorganización e renovación. En palabras do concelleiro de Letras, Ricardo González, o museo abre de novo as portas en horario de luns a venres, de mañá e tarde, e sábados de mañá cun percorrido actualizado, máis intuitivo, cómodo e accesible. Nesta intervención o Concello reorganizou os elementos existentes e incluíu melloras como as pantallas multimedia, a renovación da iluminación, cartelas e frontais nas vitrinas.
Novos espazos
Pero ademais de melloras o Museo de Ponteaeras abre con novidades como os paneis do petróglifo de Chan de Gándara, as fotografías do Castro de Troña ou o panel do castro da Croa en Ribadetea.
O Museo de Ponteareas conta ademais con novos espazos como “Ponteareas berce de ciclistas”, o das alfombras de flores de Corpus Christi e os despachos de Fermín Bouza Brey e Reveriano Soutullo.
·Adiantou o concelleiro que “o obxectivo é potenciar a visita dos centros escolares e de cara o vindeiro curso programar actividades de posta en valor dos e das nosas creadoras, como por exemplo Soutullo, ademais de ofrecer unha visita máis atractiva para as e os visitantes”.