Home Pontevedra Baixo Miño Avanza con forza a recuperación do Conxunto Histórico de Tui

Avanza con forza a recuperación do Conxunto Histórico de Tui

- Anuncio -
En 2024 foron viabilizados máis de 12 proxectos no marco do PEPCHA e xestionadas máis de 40 obras menores

Rehabilitación de inmobles para destinalos a vivendas, obras menores que  favorecen as condicións de habitabilidade, mellora das infraestruturas,… son algúns dos proxectos que están previstos no Conxunto Histórico de Tui e que supoñen un importante avance na recuperación e revitalización desta zona da cidade.

No marco do Plan Especial de Protección do Conxunto Histórico-Artístico de Tui, PEPCHA, ao longo de 2024 viabilizáronse 12 proxectos de rehabilitación nas rúas Cuenca, Ordóñez, Sanz, Ouro, Augusto González Besada, ou Martínez Padín entre outras, que permitirán a creación de 18 novas vivendas neste ámbito así coma de 2 apartamentos turísticos.

Amais no mesmo período o departamento de Patrimonio e Conxunto Histórico xestionou máis de 40 solicitudes de obra menor que reflicten o crecente interese e implicación dos propietarios no mantemento das edificacións situadas nesta zona. Estas intervencións, de menor envergadura,  son esenciais no día a día para o mantemento e recuperación do Conxunto Histórico. Precisamente para este tipo de actuacións o Concello de Tui realizou este verán  unha nova convocatoria as axudas ao abeiro da Área de Rehabilitación Integral.

Máis alo das iniciativas de obra privada foron viabilizados tamén proxectos de obra pública coma a rehabilitación do edificio situado na rúa Camilo José Cela inaugurado no mes de decembro; a rehabilitación da Cárcere Vella en plena execución para converter o edificio nun espazo museístico e de atención ao peregrino, ou o desentullo do Teatro Principal coma primeiro paso de cara a súa futura rehabilitación.

No impulso e xestión de todas estas actuacións xogará un papel fundamental o Centro Rexurbe,  un dos obxectivos de 2024, que serve coma punto de información, asesoramento e xestión para impulsar actuacións de rexeneración e dinamización de actuacións arquitectónicas, urbanísticas, económicas e sociais no Conxunto Histórico.

O traballo continuará neste 2025, xa que no primeiro trimestre do ano está previsto viabilizar proxectos de gran envergadura coma a rehabilitación integral do edificio da rúa Bispo Castañón adquirido pola Xunta para a construción de tres vivendas de alugueiro social e un baixo comercial, así como os  proxectos de rehabilitación de dous edificios no céntrico Paseo da Corredoira. Tamén se agarda que ao longo do ano a Xunta presente os proxectos de rehabilitación doutros tres inmobles en ruína adquiridos dentro do plan Rexurbe 2023.

Amais, no eido da obra pública, nas próximas semanas comezarán as obras de rexeneración urbana da Corredoira Sur e da rúa Augusto González Besada que suporán unha mellora importante na mobilidade peonil neste céntrico espazo. Tamén están en fase de redacción os proxectos de mellora das prazas da Estrela, Fromista, a Armada e O Pracer ao abeiro do PSTD Plan de Sostibilidade Turística en Destino, PSTD, “Vive a historia, descobre Tui: conexión sostible entre patrimonio e natureza”, e se acometerá con fondos deste plan a mellora da iluminación do Conxunto Histórico, e a través do PSTD do Xeodestino, do que Tui forma parte, a iluminación artística da Catedral.   

O departamento de Patrimonio e Conxunto fixa, entre outros obxectivos, para este 2025 a aprobación dunha Ordenanza de Rexistro de Solares, que está actualmente en fase de redacción. Constituirá unha ferramenta técnica e xurídica que dará cobertura ao concello para abordar a situación de inmobles en ruínas ou en mal estado de conservación.

A concelleira de Patrimonio e Conxunto Histórico, Ana Núñez, destaca que “os datos demostran coma o noso Conxunto Histórico comeza a recuperar o seu dinamismo e vitalidade, converténdose de novo nun lugar onde se pode vivir, traballar e desfrutar plenamente”. Engade que “o noso pasado e o noso futuro atópanse aquí, e con cada nova iniciativa achegámonos máis á meta de lograr un espazo vivo e cheo de oportunidades”.  A concelleira de Patrimonio e Conxunto Histórico manifesta a súa satisfacción polo traballo acadado neste ano que remata, “un logro que non sería posible sen o esforzo coordinado do noso Departamento de Urbanismo, a colaboración da veciñanza e a implicación dos profesionais do sector. A todos eles, quero expresar o meu máis sincero agradecemento. Este labor é a proba de que, cando traballamos xuntos, podemos transformar retos en oportunidades e facer realidade un proxecto tan ambicioso como a recuperación do noso Conxunto Histórico”. 

Relacionadas

O PP alerta da “fuga de policías locais” que solicitan traslado para irse de...

0
• Pardo defenderá os dereitos dos axentes municipais nunha moción que urxe o incremento do persoal de policías locais, o respecto aos seus dereitos...

A exposición Chicas nuevas 24 horas, chega ao Porriño para chamar a atención contra...

0
● A mostra pode visitarse no primeiro andar do Centro Cultural Municipal en horario de mañá e tarde A exposición Chicas nuevas 24 horas ,...

O Concello de Nigrán ofrece este domingo a actuación ‘Emovere’ da Fundación Igual Arte

0
Seis bailaríns con capacidades diferentes dirixidos por Elena Fole realizaron este espectáculo que viaxa a través das emocións O Concello de Nigrán ofrece este domingo...

O BNG pide campañas de sensibilización sobre as consecuencias das drogas, especialmente entre as...

0
Unha das cuestións que está a preocupar aos veciños e veciñas da vila nos últimos días é a aparición de xeringas en diversas rúas,...

O Concello de Nigrán reparte gratuitamente entre a veciñanza 250 novos composteiros individuais

0
Suma máis de 700 unidades achegadas á veciñanza nos derradeiros anos, sendo o municipio da provincia que máis aposta por este modelo  de compostaxe Os...

Mos constitúe a Comisión de Seguemento que coordinará a loita contra a nova A52

0
Esta mañá celebrouse a primeira sesión e o vindeiro 21 de xaneiro celebrarase a próxima xuntanza á que xa se levará o informe técnico...

Publicacións Relacionadas