Free Porn
xbporn
Home Pontevedra O Condado Azorín e a súa obra protagonizarán o primeiro curso de verán da...

Azorín e a súa obra protagonizarán o primeiro curso de verán da UNED en Ponteareas

- Anuncio -

• A UNED presentou o primeiro curso de verán que se celebrará os 22, 23  e 24 de xullo na súa sede da Praza Maior

• A inscrición estará aberta ata o 21 de xullo e outorgará un crédito ECTS

,

Vinte horas lectivas repartidas en tres días promoverán o coñecemento da vida e obra de José Martínez Ruiz, Azorín. Con este primeiro curso de verán o Concello de Ponteareas estreará a súa sede da extensión da Universidad Nacional de Educación a Distancia (UNED).

“Os días 22, 23 e 24 de xullo estudosos e expertos da figura do que foi deputado por Ponteareas, Azorín, achegaranse a impartir clases e difundir coñecemento. A estes profesionais, chegados de distintos puntos de España, sumarase un nutrido grupo de alumnas e alumnos. Abrimos así as portas non só a ofrecer un novo servizo público para formarse tamén unha nova vía para dar a coñecer a nosa vila a persoas que deixarán pegada cultural, investigarán sobre cuestións relacionadas con Ponteareas e multiplicarán o nome da nosa vila”, sinalou a alcaldesa, Nava Castro.

A sede da extensión da UNED “é un broche de ouro” á ampla oferta educativa que existe en Ponteareas, segundo salientou a concelleira de Urbanismo, Silvia González, que adianta que as obras estarán rematadas para o comezo do curso, un novo impulso de vida para a Praza Maior.

Víctor González, director da UNED en Pontevedra e director do campus noroeste da UNED e Alfonso Vázquez, subdirector económico da UNED, presentaron este primeiro curso de verán que terá a inscrición aberta ata o día previo ao comezo e felicitaron ao Concello polo seu empeño en contar cunha extensión da maior Universidade de España.

“Este é o primeiro curso de verán que ofreceremos, o primeiro de moitos que agardamos que satisfagan as inquedanzas e necesidades de coñecemento da cidadanía. Quero felicitar á alcaldesa e ao Concello polo seu empeño en ampliar a oferta formativa e ofrecer actividades culturais de calidade”.

No acto de presentación estiveron presentes medios de comunicación, representantes de clubs de lectura locais e escritores e xornalistas que puideron conversar cos responsables da UNED e pór en común posibles temas a abordar en vindeiras actividades e cursos.

A alcaldesa describíu como “moi enriquecedor” este momento distendido de posta en común de necesidades e recursos“moi produtivo e que seguramente faga posible futuras alianzas nun exercizo de compartir e traballar en equipo”. Nava Castro quere agradecer a boa dispoñibilidade da UNED e a atención prestada abrindo vías de colaboración e acollendo con cariño as ideas plantexadas.

Esta actividade permite ao estudante participar con asistencia presencial ou asistencia en liña en directo ou en diferido, sen necesidade de ir ao centro e está dirixida a profesorado de ensino medio, filólogos, afeccionados á literatura, estudantes e público interesado. Rematar satisfactoriamente o curso compensará coa obtención dun crédito ECTS.

Explicaron dende a UNED que se trata dun curso con gran nivel académico, no que se tratou de combinar o rigor filolóxico, a biografía do personaxe e o seu círculo familiar e algúns aspectos destacados da súa produción. “Trátase de actualizar o coñecemento de Azorín, como el facía cos clásicos e, en certo xeito, recuperar unha obra exquisita e hoxe mal coñecida”.

Exposicións orais de 45-60 minutos de duración; acompañadas moitas delas con proxección de imaxes; preguntas e debate de 30 minutos aproximadamente, facilitando copias dos relatorios con anticipación e proxección do documental “Azorín. A imaxe e a palabra, producido pola Deputación de Alacante e coproducido por RTVE, facilitándose ás e aos matriculados varias publicacións sobre o noso autor.

https://extension.uned.es/actividad/idactividad/35873?utm_medium=paid&utm_source=an&utm_id=6614862812568&utm_content=6615217677968&utm_term=6615217678168&utm_campaign=6614862812568&fbclid=IwZXh0bgNhZW0BMAABHU4fl8siCtNHEad-EXxrac-pnCzA1Y6scvBegSswTw2po9pNMfqNsYuQjA_aem_1ioJfNB6f6JVsiJgGeTIzw&idioma=ca

Relacionadas

A Deputación recibe a Héctor Abad Faciolince na antesala do encontro Pontevedra Literaria

0
A Deputación de Pontevedra recibiu este xoves a Héctor Abad Faciolince, un dos autores que encabezan o cartel do encontro Pontevedra Literaria. Xuventude e...

O concello de Nigrán ofrece o domingo o teatro inmersivo de pallasos en rebeldía...

0
Trátase dunha montaxe teatral plantexada como unha experiencia participativa que converte ao espectador nun refuxiado máis. A obra denuncia a traxedia que as políticas...

O BNG esixe unha actuación para acabar coa ‘Escombreira’ da parcela existente entre Progreso...

0
Os nacionalistas dan voz ás queixas de varios veciños e veciñas do casco urbán de Sanxenxo, que amosan a súa preocupación polo mal estado...

O alcalde de Nigrán supervisa en Mozambique os novos proxectos de cooperación doo Fondo...

0
Juan González acude en calidade de presidente desta entidade supramunicipal xunto a representantes de As Neves e Viveiro co obxectivo de definir as futuras...

A Deputación supervisa os traballos de execución de cunetas de seguridade na estrada provincial...

0
A deputada Isabel Couselo recorreu esta actuación de seguridade viaria que se está a desenvolver nesta estrada provincial ao abeiro no acordo marco de...

O BNG de Vigo pide explicacións ao Goberno municipal polo atraso nas axudas de...

0
Denuncian que despois de máis dun mes de finalizado o prazo de solicitude das becas nada se sabe sobre a súa xestión A fronte nacionalista...

Publicacións Relacionadas