Baiona en Vela – Edición Verán 2026 está organizado pola Asociación de Comerciantes e Empresarios de Baiona (ACEBA), coa colaboración do Concello de Baiona e da Xunta de Galicia.
Este evento reunirá a comerciantes locais nun mercado exclusivamente de comercio, ofrecendo a veciños e visitantes a oportunidade de descubrir e adquirir produtos variados nunha contorna animada e con fío musical.
A inauguración oficial terá lugar o sábado 15 de agosto ás 11.15 horas, coincidindo coa apertura do mercado, que terá o seguinte horario:
- Sábado 15: de 11.00 a 21.00 horas en horario ininterrompido.
- Domingo 16: de 12.00 a 21.00 horas, para permitir o desenvolvemento da Carreira Pedestre de Baiona.
Con motivo deste evento, a zona peonil da Rúa Carabela A Pinta permanecerá cortada ao tráfico desde o mediodía do venres 14 de agosto ata a mañá do luns 17 de agosto, momento no que se retomarán os horarios habituais de apertura da rúa.

