- Bandeira Azul: Barbeira, Concheira, Frades, Ribeira, Santa Marta e A Ladeira
- Bandeira Centro Azul: Centro Interpretación ambiental A Foz do Miñor
- Bandeira Carreiro Azul: Carreiro Litoral de Baiona
A Praia da Ribeira acolleu o acto simbólico de izado das Bandeiras Azuis das praias do municipio. Os enclaves de Barbeira, Concheira, Frades, Ribeira, Santa Marta e A Ladeira revalidaron o pasado mes de maio estes selos de excelencia pola calidade do litoral e das augas da costas baionesa.
O acto estivo presidido polo alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuíña, e tamén participaron no outros membros do equipo de goberno local.
O alcalde, Jesús Vázquez Almuiña, comentou que “con este acto, poñemos en valor o traballo realizado por todos os q ue fan posible manter a excelencia do litoral, os servizos e a calidade medioambiental, e aos veciños e visitantes que manteñen a limpeza do principal reclamo turístico do municipio”.
“A Bandeira Azul creouse como recoñecemento a todo o que cumprise cun programa de educación medioambiental, como galardón a todos os que se implicarán en coidar e protexer o noso medio mariño e o Concello de Baiona decide seguir o exemplo de ADEAC de traballar en colaboración para coidar a nosa costa e namorar coas nosas praias”, remarcou Vázquez Almuíña.
Así mesmo, agradeceu “o esforzo dos traballadores que fan posible ano tras ano demostrar a calidade das praias de Baiona e que manifestan a importancia de coidar a contorna natural do municipio, co obxectivo de deixar un lugar mellor no que vivan as próximas xeracións e, á vez, concienciar a estas para que sigan estes pasos”.
As Bandeiras Azuis son un galardón desenvolvido pola Federación de Educación Ambiental (FEE) e coordinado en España pola Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (ADEAC).

