Home Vigo Baiona Baiona mantén a súa Cabalgata o domingo pola tarde

Baiona mantén a súa Cabalgata o domingo pola tarde

- Anuncio -

O domingo 5 de xaneiro está previsto que as súas Maxestades os Reis Magos de Oriente visiten Baiona subidos nas súas maxestosas carrozas e desfilando na gran cabalgata de Reyes que organiza o Concello de Baiona.

O percorrido comezará ás 17:00 horas en Sabarís. Sairá desde a glorieta próxima á ponte románico percorrendo as principais rúas da parroquia de Santa Cristina, pasando pola rúa Julián Valverde, Praza Victoria Cadaval, continuarán pola Avda. Urbana de Sabarís ata chegar á praia de Santa Marta.

Desde Santa Marta a Cabalgata partirá ás 18:00 horas e percorrerá as principais rúas da vila, parando na glorieta de Colón, onde a Comitiva Real continuará a pé ata a Praza do Concello. Alí os Reyes recibirán a todos os nenos que queiran entregarlle a carta e falar persoalmente con eles e faranlles entrega dun agasallo e caramelos.

O corte de tráfico realizarase desde a rotonda de Puga ata a de Villa Rosa de 17:30 a 20:30 horas. Previamente, indicarase a desviación do tráfico cara ao centro da Vila pola circunvalación, colocando a correspondente sinalización na rotonda de Sabarís de acceso á autoestrada e na rotonda de Rocamar.

O Concello de Baiona repartirá en total 1.500 Quilos de caramelos aptos para celíacos nos máis de 2 Quilómetros de percorrido da Cabalgata.

No caso de que as condicións meteorolóxicas sexan moi adversas e houbese que suspender a Cabalgata, será a recepción das súas Maxestades os Reyes a partir das 19:00 na carpa habilitada na praza do Concello onde as súas Maxestades recibirán a todos os nenos e entregaranlles un agasallo e caramelos.

As carrozas reais neste caso estarían expostas ao público na rúa Carabela Pinta.

As súas maxestades os Reis Magos contaron coa colaboración das seguintes empresas: Gestagua, FCC Medio Ambiente, S.A.; Cámping Baiona Praia; Oficina de Correos de Baiona; CARPAL CARYPALBO S.L.; Codema Lomba S.L.; Vigalco S.L.; Limpezas FARO; Maís Enerxía Galega; Sanior Galicia SL.; COVIGAL; Estación de Servizo Monterreal; Cualsi Pénjamo S.L. ; Restaurante A Boquería; Froiz; Autos Consentir (Opel); Irago, S.A.; EROISKI Center; Parador de Turismo; ACEBA; Ferraxería Electrogayfer S.L; ABANCA; Baygar; ALMIJOCAR S.L; Aqualia FCC Vigo UTE; Materiais de Contrucción J.A. Martínez; Restaurante Rocamar; Idades e Carrefour Market;

Relacionadas

A Xunta comproba o avance das obras da nova residencia e centro de día...

0
O Goberno galego achegou máis de 130.000 euros ao soterramento da liña eléctrica que estaba instalada na parcela na que se constrúe o centro O...

A Deputación bota o peche do xogo de escapismo do Castelo de Soutomaior coas...

0
O xogo, para o que están á venda as entradas dos oito pases que se realizarán o sábado 11 e o domingo 12 de...

A Deputación acada en 2024 o maior dato en dez anos de visitas ás...

0
Increméntase o número de visitantes individuais, grupos e participantes en actividades, aínda que o dato global baixa debido ao peche das ruínas de San...

O Porriño prepárase para recibir ás súas Maxestades os Reis Magos de Oriente no...

0
● 120 personas acompañarán a Melchor, Gaspar e Baltasar a partir das 17:30 h no pavillón municipal ● Os Reis Magos chegarán no Tren do...

A Deputación mantén aberta a exposición “Cines de Pontevedra” en Vigo ata o próximo...

0
A mostra pode visitarse na sala Rosalía de Castro da sede viguesa da institución provincial e busca rememorar os recordos dos vellos cines e...

A Xunta licita por 3,3 M€ as obras de renovación do firme en 5...

0
Acondicionarase o firme en varios treitos das estradas PO-226, PO-303, PO-307, PO-308 e PO-550, que discorren polos concellos de Cuntis, Moraña, Barro, Poio, Sanxenxo,...

Publicacións Relacionadas