Os 34 microondas comprados por asociacións, empresas e particulares xa chegaron a destino e se atopan dando servizo ao pobo valencián afectado pola Dana
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Política Social mosense, Sara Cebreiro, informaron de que o ‘Barrio de la Torre’ en Valencia vén de recibir os 34 microondas procedentes do Concello de Mos que se enviaron aos afectados pola Dana e que se compraron a través da campaña solidaria organizada desde a localidade mosense en colaboración entre o Concello de Mos e Mos Axuda, con motivo do Black Friday.
Os 34 aparatos novos e recén mercados por colaboradores solidarios entre os que se atopan asociacións e empresas do municipio, así como particulares; foron transportados ata Carrer Benidoleig, 7, Pobles del Sud, en Valencia, tamén altruista e gratuitamente pola empresa de transporte Galiport. A todos eles as representantes municipais, Arévalo e Cebreiro, agradécenlles enormemente a súa solidariedade.
Ao mesmo tempo rexedora local e edil de Política Social explican que esta campaña naceu ante a petición de Valencia da necesidade de microondas, para o que se pediu a colaboración cidadá para que, aproveitando o Black Friday, se fixera un esforzo e se realizara a compra de aparatos microondas para enviar ás familias afectadas pola terrible catástrofe da Dana.
E se convidaba á sociedade mosense a unirse e a colaborar na medida das posibilidades para facelo posible. Hoxe, tan só 5 día despois do Black Friday, os 34 aparatos microondas novos xa se atopan en Valencia ao servizo das persoas afectadas pola Dana.