HomePontevedraCaldasCaldas de Reis reivindica a loita pola igualdade cunha andaina e unha...

Caldas de Reis reivindica a loita pola igualdade cunha andaina e unha homenaxe ás súas ‘Raiñas’ no 8 de marzo 

- Anuncio -spot_img

A choiva non impediu que se celebrase unha andaina de 8  quilómetros por diferentes lugares da vila termal 

Previamente procedeuse á lectura do manifesto a cargo  do alcalde, Jacobo Pérez, e a edil de Igualdade, María del  Carmen Torres Iglesias, ademais da proxección do vídeo  ‘Raíñas de Caldas’, onde se recoñece a importancia na  historia da localidade das súas veciñas 

Este sábado Caldas de Reis  celebrou os actos principais da ampla programación deseñada con  motivo do Día Internacional da Muller. Neste 8 de marzo, un importante  número de veciñas e veciños da vila, representantes de colectivos  locais e autoridades locais participaron nas iniciativas, que se iniciaron  coa presentación oficial do vídeo ‘Raíñas de Caldas’, unha proxección  que rende homenaxe ás veciñas da vila, recoñecendo a súa importancia  “na historia do noso pobo; elas foron e son decisivas na súa orixe,  mantéñeno vivo e garanten o seu futuro, grazas ao traballo que  desenvolven a todos os niveis. Temos moito que agradecerlles”, indicou o alcalde. No vídeo, que xa está a disposición da veciñanza nas redes  sociais do Concello e que foi enviado ao tecido asociativo, empresarial e hostaleiro da vila, recóllense esceas costumbristas nas que as  mulleres son protagonistas. Ademais, tamén fai mención a persoeiras  históricas, como Dona Urraca, que “fixo de Caldas un lugar de  referencia na súa época”, ou veciñas como a futbolista Lucía Rivas,  internacional nas categorías inferiores da Selección Española e  campiona de Europa sub-17 o pasado mes de maio. A proxección do vídeo e a lectura do manifesto, a través do cal o  Concello de Caldas reafirma o seu compromiso á hora de impulsar  durante todo o ano iniciativas que garantan a igualdade de condicións en todos os eidos da sociedade, tiveron lugar no Auditorio Municipal.  Posteriormente, a chuvia non impediu a realización da Andaina pola  Igualdade, que se iniciou no Paseo Román López e que percorreu  varios emprazamentos da vila termal.

Publicacións Relacionadas