HomeO SalnésO GroveA Deputación destina 140.000 euros para que o Concello do Grove acondicione...

A Deputación destina 140.000 euros para que o Concello do Grove acondicione o campo de fútbol de Lampáns

- Anuncio -spot_img

Trátanse de recursos do II Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas, dotado con 8 millóns de euros, o dobre que na súa primeira edición, para os concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra acaba de aprobar unha achega de 143.144 euros do II Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas para que O Grove poida acondicionar o campo de fútbol de Lampáns, como xa anunciou o deputado provincial Marcos Guisasola nunha visita a esta infraestrutura deportiva esta semana. O presidente  Luis López explicou que con estes recursos “seguimos avanzando na mellora das infraestruturas e equipamentos deportivos da provincia, modernizándoos como nunca antes se fixera e a través deste segundo Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que está dotado con 8 M €, o dobre que na pasada edición”.

Cos fondos da Deputación de Pontevedra o Concello do Grove vai actuar na manta de céspede artificial deste campo de fútbol. Deste xeito, o goberno local comezará polo tratamento da actual subbase e reporá a  zona de xogo cun novo céspede artificial, dotado con mellores prestacións e con todos os certificados medioambientais.

En concreto, os traballos consistirán na retirada e acopio de equipamento deportivo para a súa posterior instalación; desmontaxe das canaletas perimetrais para a drenaxe e evacuación de auga; retirada do céspede artificial existente;  execución de reparacións e axustes na capa de soporte actual do aglomerado, e subministración e instalación dun novo sistema de céspede artificial para campo de fútbol 11.

Publicacións Relacionadas