Home Pontevedra Caldas O Ciclo Mestre Mateo continúa este mércores 15 en Caldas co pase...

O Ciclo Mestre Mateo continúa este mércores 15 en Caldas co pase de “Onde máis doe”

- Anuncio -

A proxección do filme de Manane Rodríguez, finalista na categoría de documentais nos premios do audiovisual galego, terá lugar no Cine Avenida ás 20:30 horas

A segunda edición do Ciclo Mestre Mateo, promovido pola Academia Galega do Audiovisual e a Deputación de Pontevedra para achegar as longametraxes de ficción e documentais gañadores e finalistas dos premios do audiovisual galego aos concellos da provincia, continúa este mércores 15 de novembro en Caldas de Reis. Nesta ocasión, proxectarase o documental “Onde máis doe”, finalista na categoría documentais na gala dos Mestre Mateo, no Cine Avenida ás 20:30 horas.

Dirixido por Manane Rodríguez, o filme, que fora estreado o pasado 2022 no OUFF – Ourense Film Festival e finalista na categoría documental nos Premios Mestre Mateo, retrata a violencia de xénero ao contar o caso de M. M., que despois de ameazar durante anos á súa ex parella, asasinou a golpes de pala ao seu fillo de 11 anos. Un ano despois un xurado popular condenouno por asasinato e determinou que o crime buscaba castigar á nai. Manane Rodríguez asume a dirección e o guión neste filme producido por Xabier Bermúdez que conta coa música de Nani García.

Ademais de Caldas, os outros concellos nos que recala a segunda edición do Ciclo Mestre Mateo son os da Guarda, Baiona, O Grove e A Estrada. Estes municipios exhiben, ademais de “O corpo aberto”, “María Casares, a muller que viviu mil vidas” e “Unicorn Wars”, recoñecidos respectivamente como mellor longametraxe, documental e filme de animación na última edición dos Mestre Mateo, e do citado filme “Onde máis doe”, os documentais “A foreign song” (César Souto) e “No somos nada” (Javier Corcuera), así como a película de animación “Valentina” (Chelo Loureiro) e as longametraxes “Live is life” (Dani de la Torre), e “Código Emperador” (Jorge Coira).

Relacionadas

O Rosal recuncho a recuncho coa nova andaina interpretativa pola Senda dos Pescadores

0
A ruta será o 19 de maio e terá unha dificultade baixa-moderada. As persoas interesadas en participar deberán inscribirse a partir do 8 de...

A horta urbana do concello de Nigrán na Ramallosa cumpre 2 anos de funcionamento...

0
A esta súmase outro espazo municipal de 104 metros cadrados adicados ao cultivo no parque Vázquez Grela. Entre ambas, preto de 40 veciños traballan...

Alumnado dos colexios Josefinas e Padre Feijóo Zorelle celebran o Día de Europa na...

0
A vicepresidenta primeira da Deputación de Ourense, Marta Nóvoa, recibiu esta mañá no Salón de Plenos do Pazo Provincial, a preto de medio cento...

A alcaldesa de Mos estuda co novo Conselleiro, José López, importantes proxectos culturais para...

0
Destacan entre eles a terceira fase da rehabilitación da antiga Reitoral de Petelos e a posta en valor do Castro de Torroso A alcaldesa de...

O concello de Bueu consegue o distintivo azul para o Estaleiros de Purro e...

0
• Este espazo, englobado na zona da Banda do Río, recibe por primeira vez o galardón polo que, segundo destaca o alcalde, “seguimos reforzando...

Alcaldes dos 5 concellos con cárceres reúnense en Madrid con representantes de institucións peninteciarias

0
Solicitan unha compensación económica pola prestación de servizos públicos municipais e polo custo reputacional e o impacto que supón na súa imaxe dispoñer deste...

Publicacións Relacionadas