Case 70 papeleiras do centro histórico pasan polo taller

adminON
Lectura mínima de 2

Logo de supervisar as 186 inventariadas no casco antigo, a Concellaría que dirixe Xaquín Moreda acordou a retirada de 68 para ser reparadas.

Todas estarán arranxadas e xa colocadas na vindeira semana.

A Concellaría de Servizos urbanos básicos continúa adiante coa inxente tarefa da mellora dos espazos públicos para renovar a imaxe urbana, seguindo a prioridade fixada polo alcalde Miguel Anxo Fernández Lores neste novo tempo político ao fronte do Concello de Pontevedra, que ordenou ter en perfecto estado de uso as rúas, prazas, parques e espazos de encontro da veciñanza.

Ao respecto do mobiliario público, esta semana comezaron os traballos de limpeza, reparación e reposición de papeleiras do centro histórico que se atopaban en mal estado de conservación.

Logo de facer unha revisión das 186 papeleiras inventariadas no casco antigo, a Concellaría que dirixe Xaquín Moreda ordenou reparar 68 que estaban rotas, pintadas ou deterioradas. Foron retiradas gradualmente, para non deixar o centro histórico sen este servizo. No taller arránxase a caixa de recollida de residuos, límpanse os graffitis que poidan ter e píntanse para que queden como novas.

Está previsto que estean todas arranxadas e colocadas no seu lugar na vindeira semana. O modelo Onda

Trátase do modelo de papeleira Onda, deseñado especificamente para Pontevedra pola empresa loca

Comparte este artigo