Charlas formativas para coidadores familiares de persoas con demencia

adminON
Lectura mínima de 1
  • A Asociación Afaga organiza, xunto co Concello do Porriño, estas formacións que empezan o martes 28 de maio

A Asociación Afaga en colaboración co Concello do Porriño, promove unha serie de formacións para coidadores familiares de persoas con demencia en estado moderado-avanzado da enfermidade de Alzheimer e outras demencias.

Durante catro sesións, técnicos e profesionais da asociación informarán sobre necesidades e retos actuais, recursos sociais no entorno das persoas con demencia, adaptación das actividades diarias e medidas de protección xurídica en torno á persoa con demencia.

Estás charlas comenzarán o vindeiro martes 28 de maio e terán lugar cada 15 días no segundo andar do Centro Cívico do Porriño, no número 16 da avenida Domingo Bueno.

As inscricións pódense facer enviando un correo electrónico a formacion@afaga.com, por WhatsApp no 610 437 895, ou chamando por teléfono ao número da Asociación: 986 33 00 03.

Comparte este artigo