O Espazo Sociocultural acollerá mañá xoves e o venres dúas citas dentro da programación do 25N
Dentro da programación conmemorativa do 25N, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as mulleres, mañá xoves, 26 de novembro, ás 19 h, no Espazo Sociocultural. r/ Camilo José Cela proxectarase a película Proxección da película “La buena hija” de Júlia de Paz Solvas. Este acto conta coa colaboración do Cineclub Tui.
O filme protagonizado por Kaira Arancibia, Janet Novás, Julián Villagrán, Pedra Martínez e Anna Cerveró conta a historia de Carmela, que tras a separación dos seus pais se muda coa súa súa nai a casa da súa avoa.
Mentres o venres a cita será co teatro. Así ás 19 h, no Espazo Sociocultural. r/ Camilo José Cela, Denigrantes Comediantes representará “O que calamos”. A obra, dirixida por Marien Breis, é unha chamada á empatía e á reflexión, tanto persoal como social; un berro fronte á violencia de xénero. Retrata a pulsión vital de mulleres moi distintas nos seus silencios particulares, e faino a través das miradas incisivas de dramaturgas da talla de Luïsa Cunillé, Angélica Liddell, Beth Escudé ou Alberto San Juan, así como de textospropios de membros da compañía.
A entrada tanto para o cine coma para o teatro é libre até completar o aforo.

