Home Pontevedra COGAMI impulsa en Vigo unha nova formación para mellorar a empregabilidade das...

COGAMI impulsa en Vigo unha nova formación para mellorar a empregabilidade das persoas con discapacidade

- Anuncio -

COGAMI comezou nas instalacións que ten en Vigo (rúa Teixugueiras, nº 25, baixo) un curso de Operacións Auxiliares de Servizos Administrativos e Xerais. Cunha duración que se estenderá ata o 4 de xuño, esta formación contará cun total de 448 horas de formación, das cales 40 serán de prácticas en empresa.

Enmarcada no Plan Formativo para o Emprego que cofinancian a  Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e o Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes, esta formación vai dirixida a persoas desempregadas e que teñen recoñecido o grao de discapacidade ou incapacidade laboral para a profesión habitual. Participan un total de 15 alumnos e alumnas, 10 mulleres e 5 homes, cunha franxa de idades comprendida entre os 33 e os 58 anos, procedentes dos concellos de Vigo, Tui, A Guarda e Baiona.

A formación inclúe os seguintes módulos: Técnicas Administrativas Básicas de Oficina, Operacións Básicas de Comunicación, Reprodución e Arquivo e Módulos transversais de inserción laboral e igualdade.

Con esta iniciativa, COGAMI busca mellorar a empregabilidade das persoas que forman parte da bolsa de emprego e facilitarlles o acceso ao mercado laboral a través dunha preparación técnica e transversal adaptada ás esixencias actuais do sector.

Relacionadas

A Xunta enxalza os traballos creativos realizados polas usuarias do Centro Ocupacional Exclavas de...

0
O Executivo galego financia con máis de 1,6 millóns de euros un total de 79 prazas de atención residencial e diúrna neste centro A directora...

Arrancan as obras de reconstrucción da rúa Fernández Areal para mellorar a mobilidade e...

0
O ámbito total de actuación será de 570 metros de lonxitude e unha superficie total de actuación de 3.700 m² A concellería de Vías e...

A Eurocidade Tui-Valença acolle a posta en escena da construción democrática de Portugal con...

0
O teatro tudense acolle esta gran montaxe do Teatro Nacional São João de Porto este venres ás 20 h Unha gran montaxe teatral é a...

Veciñanza, plataforma DefendeMos e corporación municipal de Mos presentes no debate pola nova A-52...

0
Preto de 200 veciños e veciñas de Mos, integrantes da plataforma DefendeMos, corporación municipal e a alcaldesa Nidia Arévalo, asistiron está mañá no Parlamento...

A Deputación presenta en Lalín os programas de Acción Comunitaria que deixarán 2,4 millóns...

0
O presidente provincial Luis López, xunto co deputado Javier Tourís, lembrou que o ano pasado beneficiáronse destes programas 14 colectivos veciñais e unha comunidade...

O BNG defende no Parlamento galego a súa alternativa á ampliación da autovía A-52...

0
A fronte nacionalista emenda a proposición popular para demandar do Goberno español a paralización do proxecto e executar as melloras pendentes na actual autovía Aposta...

Publicacións Relacionadas