Home Pontevedra A Lama Concello da Lama pon en marcha un dispositivo eespecial de limpeza e...

Concello da Lama pon en marcha un dispositivo eespecial de limpeza e coordina con Protección Civil o operativo de seguridade con motivo da celebración do Santo Cristo de Xende

- Anuncio -

Realizáronse labores de roza e acondicionado de viais así como a habilitación de zonas de estacionamento

O bispo de Tui-Vigo, Monseñor Luís Quinteiro Fiuza, oficiará a misa solemne das 12 horas o domingo 4 de xuño

O Concello da Lama puxo en marcha un amplo dispositivo de roza e limpeza no entorno da igrexa de Xende coa intención de ter toda a zona preparada para acoller a romaría do Santo Cristo que terá lugar durante esta fin de semana. Asimismo, o tenente de alcalde David Carrera e responsables da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil Oitavén-Tea mantiveron unha xuntanza de coordinación do operativo de seguridade para atender e prever calquera problema que se poida producir durante esta celebración.

Dentro dos actos relixiosos, está previsto que o domingo 4 de xuño, o bispo de Tui-Vigo, Monseñor Luís Quinteiro Fiuza, presida a misa solemne que oficiará o cura párroco, David Dosantos, e a continuación terá lugar a tradicional procesión, nesta ocasión e por primeira vez, coa presenza das imaxes da Virxe das Ermidas e do glorioso San Brais de Briallos.

Por outra banda sinalar que os operarios municipais e tamén da Deputación de Pontevedra remataron xa os labores de limpeza, roza e acondicionamento dos viais por onde discurrirá este evento turístico-relixioso.

As boas previsións metereolóxicas fan prever que esta fin de semana se produza unha gran afluencia de devotos ao entorno da igrexa de San Paulo onde está albergado o Santo Cristo de Xende. Así, nestes días e coincidindo coa celebración das Novenas, púdose observar unha gran afluencia de persoas e familias que percorreron os distintos viais que conducen ao Santuario do Santo Cristo de Xende (A Lama).

PROGRAMA FESTIVO E RELIXIOSO

Os actos relixiosos comezaron o pasado 25 de maio coa Novena e proseguen o sábado 3 de xuño con misas ás 10 e ás 11 da mañá. Ás 12 horas terá lugar a misa solemne seguida de procesión acompañada pola Banda de Música Municipal de Redondela. Ao remate, terá lugar o concerto da debandita agrupación musical. Pola tarde haberá misas ás 18 horas e ás 19 horas.

Por outra banda, ás 21 horas haberá unha gran churrascada e postres caseiros e a partir das 23 horas terá lugar a verbena amenizada polo trío 3.COM.

A xornada do domingo prevé a celebración de misas ás 10 e ás 11 mentras que a solemne será ás 12 do mediodía e estará presidida polo bispo da diócese de Tui-Vigo, Monseñor Luís Quinteiro Fiuza e será oficiada polo cura párroco, David Dosantos. Ao remate da misa terá lugar a tradicional procesión que contará por primeira vez coa participación das imaxes da Virxe das Ermidas e o glorioso San Brais de Briallos.

Ao rematar a procesión haberá un concerto protagonizado pola Banda de Música Unión Musical de Tenorio. Ás 19 horas haberá tamén unha misa solemne e a continuación procesión coa gloriosa imaxe do Santo Cristo da Agonía de Xende.

Os actos relixiosos pecharán o domingo 11 de xuño ás 12:30 horas cunha misa solemne de Corpus e a continuación procesión do Santísimo Sacramento.

Relacionadas

O Porriño acolle este domingo unha nova edición da Feira de Abril

0
• Será a partir das 18 h no parque do Cristo e os encargados de amenizar a xornada serán os grupos Andalu-sí e Pasión...

A Deputación aproba as bases das axudas para financiar o equipamento de locais municipais...

0
O programa “O teu espazo xuvenil”, que foi presentado a comezos desta semana en Barro, está destinado aos concellos de menos de 20.000 habitantes,...

A liga Nacional Surfing Kids chega á Praia de Patos

0
Este próximo sábado 27 celébrase próbaa Patos Surfing Kids da liga Nacional Surfing Kids na Praia de Patos (Nigrán). A proba está organizada pola...

A Deputación inaugura no CEIP de Soutelo de Montes, en Forcarei, a exposición “Achegas...

0
A mostra, enmarcada nun proxecto conxunto co Campus do Mar da Universidade de Vigo, pon en valor o papel das mulleres no uso responsable...

Segunda Edición do Tardeo, actividades diversas para a mocidade

0
Para os meses de maio e xuño sae á rúa a segunda edición do programa Tardeo unha acción que, coordinada pola OMIX do Concello...

O Concello presenta a sexta edición da Feira de Minerais de Guláns que inclúe...

0
• O evento, que se desenvolve entre o 3 e 5 de maio, inclúe obradoiros nos colexios do municipio O Concello presentou a sexta edición...

Publicacións Relacionadas