Concello de Nigrán e Centro de Saúde Val Miñor ofrecen este mércores a charla ‘Coidados e alimentación para pacientes diabéticos’

adminON
Lectura mínima de 1

A imparten catro especialistas do Centro de Saúde Val Miñor ás 11:30 horas no Auditorio Municipal

O Concello de Nigrán colabora coa iniciativa do Centro de Saúde Val Miñor para ofrecer este mércores 31 de Xaneiro a charla ‘Coidados e alimentación para pacientes diabéticos’ ás 11:30 horas no Auditorio Municipal a cargo das especialistas Marta Losada, Elena Vilar, Eugenia García e Beatriz Pérez. O obxectivo é explicar de xeito claro que é a diabetes, como controlala e a importancia de facer ben este control. A entrada é de balde e aberta a toda aquela persoa interesada no tema.

Comparte este artigo