Concello de Nigrán e Centro Juan María inauguran a cafetería “Sin Etiquetas” do Centro Municipal da Terceira Idade na Ramallosa

Redacción

O Concello investíu 60.000 € na mellora deste local municipal cuxa concesión se limitou a entidades que traballan na inserción sociolaboral de persoas con discapacidade, resultando Juan María Empleo o adxudicatario

“Gracias Juan María por aceptar este reto que é o soño de todo o municipio (…) este é o máximo exponente do ‘Nigrán para todos’ que buscamos como goberno. Somos un referente en toda España en políticas públicas de inclusión e emprego protexido e isto nos enche de orgullo”, explica o alcalde, Juan González

O CEE Juan María ten a concesión municipal por 10 anos con posibilidade de 5 prórrogas anuais e un cánon mínimo de 18.000 €/ano. A escasos metros, outro grupo de usuarios xestiona o quiosco de prensa e tamén o parking municipal da Ramallosa

O Concello de Nigrán e o Centro de Educación Especial Juan María inauguraron hoxe a cafetería ‘Sin Etiquetas’ ubicada na planta baixa do Centro da Terceira Idade da Ramallosa, un local municipal cuxa concesión o goberno local limitou a entidades que traballan na inserción sociolaboral de persoas con discapacidade. O adxudicatario resultou o Juan María Empleo, que agora a bota a andar con 9 persoas con diversidade funcional como traballadores contratados xunto a 3 encargados e 2 preparadores laborais. O acto de apertura tivo lugar este mediodía coa intervención do alcalde de Nigrán, Juan González; a delegada da Xunta, Ana Ortiz; a directora Xeral de Formación Profesional da Xunta, Eugenia Pérez; o delegado de Zona Franca David Regades; e o presidente e o coordinador do CEE Juan María, Manuel González e Alberto González, xunto a Alfonso Ochoa, un dos novos traballadores.

“Gracias Juan María por aceptar este reto que é o soño de todo o municipio. Este proxecto é un verdadeiro soño feito realidade porque representa o máximo exponente do ‘Nigrán para todos’ que buscamos como goberno. Somos un referente en toda España en políticas públicas de inclusión e emprego protexido e isto nos enche de orgullo”, considera o alcalde, Juan González, quen incide que o obxectivo é que as persoas con discapacidade teñan neste espazo público unha oportunidade máis de inserción laboral, en liña cos obxectivos marcados desde ‘Un Nigrán para todos’ (grupo de expertos en inclusión creado polo Concello para recibir asesoramento en devanditos temas).

A explotación da cafetería (sen servizo desde antes do verán de 2025 ao renunciar á prórroga a empresa que a levaba) inclúe unha terraza exterior duns 300 m2 e será concedida en réxime de concorrencia por un cánon anual de 18.000 € e unha duración de 10 anos con posibilidade de 5 prórrogas anuais. A infraestrutura foi entregada tras investir o Concello un total de 60.000 € na súa mellora.

“É un servizo básico e rendable desde o punto de vista económico pola súa situación e porque complementa á perfección ás actividades socioculturais do centro e permitirá ao Juan María gañar cartos para investir noutros proxectos de inclusión”, destacou González. Así, nesta contorna da Alameda de San Campio funciona precisamente un quiosco xestionado por usuarios do CEE Juan María e un parking municipal (o da Ramallosa, ao carón da piscina) cuxa xestión o Concello contratou tamén ao CEE Juan María, a onde pertence tamén a conserxe contratada para o CEIP da Cruz, en Camos. “Este é o Nigrán amigable que queremos xerar e que queremos que copien noutros municipios”, finaliza.

A cafetería e o centro da Terceira Idade ubícase na antiga estación do tranvía de A Ramallosa, sen servizo desde o ano 1968, e foi rehabilitada para cumplir a actual función no ano 1995, sendo desde entón a planta baixa a zona de restauración e destinándose as dous superiores á parte social. Abrirá de luns a luns a domingo de 9:30 a 22:00 horas.

Comparte este artigo