Home Tabeirós Cerdedo - Cotobade Conclúen as obras de humanización co remate da nova senda peonil de...

Conclúen as obras de humanización co remate da nova senda peonil de Tenorio que mellora a seguridade vial na zona escolar e deportiva

- Anuncio -

• Cubela salienta o dobre valor desta obra desde o punto de vista da nova imaxe que gaña a zona e da mellora do acceso peonil

O Concello de Cerdedo-Cotobade, remata co proceso de humanización levado a cabo na conexión entre o colexio e as pistas polideportivas de Tenorio coa finalización da beiarrúa nova que dá sentido á senda peonil, a canalización de augas pluviais, retranqueo de postes e colocación de iluminación led, así como unha renovada sinalización horizontal e vertical da zona para ordenar e mellorar a seguridade viaria.

Esta ambiciosa intervención no entorno do colexio de Tenorio foi aproveitada para dar resposta a unha serie de demandas da comunidade educativa como a mellora da seguridade vial no acceso á zona escolar e pistas polideportivas de Tenorio. Tamén remataron os traballos realizados no colexio para canalizar as augas fluviais de tal xeito que non volvan
supoñer un problema en inverno para os usuarios do centro educativo nin para os viandantes que paseen por diante do centro escolar.

A nova beirarrúa, que funcionará a modo de senda peonil, fíxose agardar debido á tardanza na obtención dos permisos necesarios para retranquear os postes do tendido eléctrico existentes e canalizar baixo terra tamén as liñas de telecomunicacións que discurren por onde vai o trazado peonil. Deste xeito gañouse en espazo e se mellora a imaxe da zona.

Ademais, aproveitouse para realizar unha nova instalación de farolas no entorno dotándoas xa da última tecnoloxía LED para gañar en luminosidade ao tempo que se produce un importante aforro enerxético e na reducción de CO2.

AFORRO DUN 27% DO CUSTE DA OBRA NA LICITACIÓN
Aínda que a obra saíu a concurso en 54.200 euros, despois de que 15 empresas presentaran as súas ofertas, o Concello de Cerdedo-Cotobade adxudicou os traballos por importe total de 39.319,64 euros (un aforro do 27% na licitación), pudendo así realizar esta senda peonil de acceso a equipamentos públicos de Tenorio que permitirá mellora-la seguridade vial dende a ponte que cruza a carretera nacional N-541, bordeando o muro do centro educativo alí existente, ata a pista polideportiva.

Para o Concello o máis complicado desta obra foi a xestión ante diversas entidades dos permisos pertinentes para levar a cabo o retranqueo de postes de telecomunicacións e eliminar liñas eléctricas aéreas que afeaban o entorno para soterralas e gañar en imaxe e seguridade.

Segundo o alcalde, Jorge Cubela “con esta obra gañamos non so en seguridade vial senón tamén melloramos substancialmente a imaxe e o aspecto desta zona de acceso escolar, pero tamén de lecer, transformada totalmente con esta nova beirarrúa e senda peonil lateral en formigón tintada en color axeitado ao entorno. Conseguiremos un acceso seguro para os peóns, alumnos e pais así como veciños, aos distintos equipamentos públicos existentes no entorno de Tenorio como a Escola Infantil, pavillón de deportes, CEIP, o instituto de ensino medio, pistas polideportivos, etc. Precisamente a gran cantidade de rapaces e veciños en xeral presentes na zona a tódalas horas, especialmente cando comeza e rematan as clases, fixo necesario eliminar os perigos de seguridade vial existentes, unha das peticións feitas polos veciños e a comunidade educativa que agora imos a darlle unha solución definitiva”, afirmou o rexedor.

Relacionadas

A Guarda prepara unha gran festa para celebrar as Letras Galegas

0
Blues do País, Magín Blanco e unha Foliada final serán os principais ingredientes desta xornada festiva. Neste 2024 A Guarda quere festexar o Día das...

O auditorio de Goián soará ao ritmo da Orquestra do Conservatorio Superior de Música...

0
Será este venres 10 de maio ás 20.30 horas con entrada libre O música resoará sobre o escenario do auditorio municipal de Goián co concerto...

60 familias de Salceda e Salvaterra beneficiaranse dun programa conxunto pioneiro

0
Os Concellos de Salceda de Caselas e Salvaterra de Miño, a través das súas respectivas Concellarías de Igualdade, veñen de botar a andar unha...

Baiona desentraña os segredos da arribada da Pinta nun emocionante xogo de escapismo ao...

0
Será o primeiro dos 14 escape rooms temáticos postos en marcha por Eu Rural e o Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño relacionados...

Obras de pintado e sinalización no Paseo de Cardona, en Chapela

0
O Concello de Redondela informa que desde o mércores día 8 ata o venres día 10 de maio realizaranse traballos de sinalización horizontal e...

A praia de Cesantes rexistra a chegada das “lebres de mar”

0
A concellería de Medio Ambiente tivo coñecemento esta fin de semana da chegada de varios exemplares de “lebres de mar” á praia da Punta,...

Publicacións Relacionadas