Home Pontevedra A Paradanta Covelo organiza dúas travesías guiadas polas etapas da Vía Mariana Luso-Galaica ao...

Covelo organiza dúas travesías guiadas polas etapas da Vía Mariana Luso-Galaica ao seu paso polo concello

- Anuncio -

O número de prazas é limitado cun máximo de vinte persoas por día. As persoas que desexen inscribirse ou ter máis información deben contactar co guía local no número teléfono 654.500.652

O Concello de Covelo abre hoxe o prazo para participar nas travesías guiadas que percorrerán as dúas etapas da Vía Mariana Luso Galaica que cruzan o concello. Despois das labores de limpeza realizadas polo Concello nos dous tramos da Vía, o Concello organiza esta actividade para promover a súa riqueza medioambiental e patrimonial que agasalla aos e ás camiñantes recunchos inéditos e vistas únicas.

No marco da oferta estable de actividades turístico-deportivas do Concello de Covelo e da Deputación de Pontevedra, o sábado día 23 e o domingo día 24 as persoas participantes camiñarán guiadas polo guía de montaña, fotógrafo e biólogo, Julio Eiroa. O número de prazas é limitado cun máximo de vinte persoas por día. As persoas que desexen inscribirse ou ter máis información deben contactar co guía local no número teléfono 654.500.652.

O sábado día 23 percorrerán a etapa 7 da Vía Mariana Luso Galaica. O punto de encontro será o alto da coroación na Franqueira, A Cañiza, para dirixirse ao centro de Covelo. Trátase dun percorrido lineal de nove quilómetros de dificultade baixa para relizar en aproximadamente tres horas e media. A hora de saída será ás nove da mañá.

O domingo 24 o roteiro correspóndese coa etapa 8 da Vía Mariana e comeza na praza de Covelo para ir ata a Portela do Foxo, entre os concellos de Covelo e Fornelos de Montes. Será unha travesía de dificultade moderada con 23 km e unha duración aproximada de nove horas.

Para esta actividade de balde recoméndase levar roupa e calzado axeitado para camiñar, protección solar, bebida e alimentos reconstituíntes para tomar durante o camiño. Tamén é recomendable levar bastón de sendeirismo.

Relacionadas

Luis López asiste á presentación oficial do percorrido de La Vuelta para o ano...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, participou este xoves no acto de presentación oficial do percorrido de La Vuelta 2025 celebrado no...

Mos volta ser protagonista de La Vuelta na súa 80ª edición e cando cumpre...

0
Tras as etapas Mos-Sanabria de 2020 e Sanxenxo-Mos de 2021, o vindeiro ano 2025 a localidade mosense será meta da etapa 16, Poio-Mos, que...

Novo trazado proxecto no túnel Autovía Vigo-Porriño

0
-         Nidia Arévalo esixe de novo a gratuidade da AP-9 e que se recupere o trazado do proxecto en túnel que figura no PXOM mosense -         A...

A Deputación e o Clúster de Turismo fomentan entre os axentes turísticos o coñecemento...

0
“Cremos que é fundamental establecer estruturas de traballo que permitan que toda a cadea de valor do turismo en Galicia configure unha rede de...

O Concello de Portas métese de cheo no Nadal coa entrega de premios do...

0
O alcalde Ricardo Martínez aproveitará estes actos da fin de semana para felicitarlle as festas á veciñanza O concello de Portas vivirá unha fin de...

A Deputación visita en Poio a estrada provincial EP-0601 Portosanto-Campelo-PO-308 na que se investirán...

0
A deputada de Infraestruturas Públicas, Isabel Couselo, e o alcalde de Poio, Ángel Moldes, visitaron a zona na que, entre outras actuacións, se executará...

Publicacións Relacionadas