Home Vigo O Porriño Da tradición á innovación coa carpintaría Joyla da man da Medida Leader

Da tradición á innovación coa carpintaría Joyla da man da Medida Leader

- Anuncio -

A presidenta de Galicia Suroeste e o alcalde do Porriño visitaron a empresa tras asobras de modernización e equipamento subvencionadas con fondos europeos

Unha axuda de 33.000 euros, o 45% do investimento, que permitiu a consolidación e creación de 20 postos de traballo

A innovación tecnolóxica ten raíces firmes no Porriño. A carpintaría Joyla, con máis de dúas décadas de experiencia, acaba de dar un salto cualitativo coa modernización e actualización do seu equipamento, unhas obras de mellora financiadas a través de Galicia Suroeste no marco das axudas da Medida Leader para proxectos produtivos na convocatoria 2023-2024.

A presidenta do grupo de desenvolvemento rural, Sandra González, e o alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, visitaron este xoves as renovadas instalacións da carpintaría para coñecer de primeira man o impacto desta modernización e destacar a relevancia dos proxectos financiados pola Medida Leader para o tecido produtivo e social do territorio. Cunha axuda do Leader de 33.000 euros, o 45% do investimento total das obras, permitiuse consolidar 16,5 postos de traballo e crear tres novos contratos indefinidos a xornada completa. 

Sandra González subliñou o impacto positivo deste proxecto no tecido produtivo local. “Este tipo de iniciativas demostran o que significa apostar polo noso rural: crecemento económico, estabilidade laboral e excelencia nos produtos. A aposta firme de Galicia Suroeste e a Medida Leader pola excelencia e a competitividade garante que o tecido empresarial do territorio continúe medrando e fortalecendo o noso rural”, destacou a presidenta.

Pola súa banda, o alcalde porriñés destacou o orgullo que supón para o municipio ver como empresas locais apostan por quedarse no rural e contribuír ao seu desenvolvemento económico e social. “Proxectos como este demostran que o rural non só é unha opción viable, senón que tamén é un lugar de oportunidades. Joyla é un exemplo de como reinventarse, apostar pola modernización e investir en innovación pode ser a clave para continuar crecendo e consolidarse como referente no sector tanto a nivel nacional como internacional”, resaltou Lorenzo.

O proxecto consistiu na adquisición dunha cabina de presurización que permite captar, aspirar, filtras e secar as pinturas e lacas dos diferentes procesos de recubrimento. Un espazo pechado que mantén illado o proceso de pintado, evitando a entrada de po e a contaminación do exterior. Un novo equipamento que permite mellorar os acabados no recubrimento das pezas ao tempo que se melloran as condicións de seguridade e hixiene do equipo humano, un valor engadido para a empresa.

Con estas incorporacións, Joyla elimina procesos manuais que supoñía un sobrecusto económico e de tempo e camiña cara á tecnificación para aumentar a competitividade, eficiencia e eficacia e reforzar o seu posicionamento como referente no sector, integrando tradición, modernidade e un profundo compromiso coa satisfacción dos seus clientes e co tecido económico local.

Relacionadas

Luis López asiste á presentación oficial do percorrido de La Vuelta para o ano...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, participou este xoves no acto de presentación oficial do percorrido de La Vuelta 2025 celebrado no...

Mos volta ser protagonista de La Vuelta na súa 80ª edición e cando cumpre...

0
Tras as etapas Mos-Sanabria de 2020 e Sanxenxo-Mos de 2021, o vindeiro ano 2025 a localidade mosense será meta da etapa 16, Poio-Mos, que...

Novo trazado proxecto no túnel Autovía Vigo-Porriño

0
-         Nidia Arévalo esixe de novo a gratuidade da AP-9 e que se recupere o trazado do proxecto en túnel que figura no PXOM mosense -         A...

A Deputación e o Clúster de Turismo fomentan entre os axentes turísticos o coñecemento...

0
“Cremos que é fundamental establecer estruturas de traballo que permitan que toda a cadea de valor do turismo en Galicia configure unha rede de...

O Concello de Portas métese de cheo no Nadal coa entrega de premios do...

0
O alcalde Ricardo Martínez aproveitará estes actos da fin de semana para felicitarlle as festas á veciñanza O concello de Portas vivirá unha fin de...

A Deputación visita en Poio a estrada provincial EP-0601 Portosanto-Campelo-PO-308 na que se investirán...

0
A deputada de Infraestruturas Públicas, Isabel Couselo, e o alcalde de Poio, Ángel Moldes, visitaron a zona na que, entre outras actuacións, se executará...

Publicacións Relacionadas