Home Deputacións Deputación Pontevedra "Depo Auga" abre a inscrición para a primeira actividade do 5 de...

“Depo Auga” abre a inscrición para a primeira actividade do 5 de xuño en Vilaboa

- Anuncio -

Esta ruta de paddle surf polas Salinas do Ulló dispón de 45 prazas que as persoas interesadas poden reservar xa na web da Deputación

A Deputación de Pontevedra xa ten aberto o prazo de inscrición para a primeira das actividades desta segunda edición de Depo Auga, o programa de deporte sostible de rutas guiadas por ríos ou praias de diferentes concellos da provincia nunha táboa de paddle surf ou nun kayak. A primeira sesión deste ano terá lugar o domingo 5 de xuño nas Salinas do Ulló no concello de Vilaboa cunha ruta de paddle surf. Esta actividade dispón de un total de 45 prazas, que se distribuirán en 3 quendas de 15 persoas en cada unha.

Este programa da Deputación dá resposta a prácticas deportivas que cada vez contan cun maior número de persoas afeccionadas e a unha das formas máis divertidas de coñecer e sentir o deporte na natureza. Depo Auga está dirixido por iso a persoas amantes dos deportes da natureza e aventura, maiores de 18 anos ou menores (mínimo 14 anos) acompañados pola súa nai, pai, titora ou titor. As e os participantes deberán desprazarse ao lugar de inicio da actividade, onde recibirán información sobre o funcionamento do programa e entregaráselles todo o material necesario para realizar as actividades.

As persoas interesadas en participar nestas travesías guiadas de aproximadamente unha hora e media de duración, xa poden inscribirse a través do formulario que atoparán na páxina web da Deputación. En caso de que se completen as prazas habilitarase unha lista de agarda de ata un máximo de 50 persoas.

Despois desta ruta polas Salinas do Ulló en Vilaboa, as seguintes excursións do programa Depo Auga terán lugar nos concellos de As Neves, Poio e A Illa de Arousa.

Relacionadas

Cuntis habilita un novo punto de recarga para vehículos eléctricos na Rúa Xoán Xesús...

0
• O dispositivo leva en funcionamento desde hai aproximadamente un mes e foi adquirido e instalado polo Concello a través de fondos propios, sumándose...

A Deputación investirá 150.000 euros na dotación de illas ecolóxicas e na instalación de...

0
Estas iniciativas, enmarcadas no proxecto “Da túa man” (rural), beneficiarán a Agolada, Arbo, Barro, Campo Lameiro, Cuntis, Forcarei, Meis, Mondariz, As Neves, Rodeiro e...

O Concello de Tomiño solicita á FEGAMP que convoque unha reunión urxente entre a...

0
A alcaldesa de Tomiño apela a colaboración institucional para dar unha solución a unha problemática que pon en risco o modelo de convivencia entre...

A concellería de Parques e Xardíns denuncia actos de vandalismo nos parque infantís

0
A concellería de Parques e Xardíns, que dirixe Pedro Villaverde, denunciou na Policía Nacional varios actos de vandalismo en parques infantís do municipio. Un...

O BNG esixirá en Madrid a Saída Sur para o 2030 e chama a...

0
A fronte nacionalista vén de rexistrar iniciativas no Congreso e tamén no Senado, que se engaden á demanda que trasladou a través da súa...

Produtora de cine busca localizacións no Baixo Miño para próxima pelicula

0
De cara a realización da próxima película de Daniel Sánchez Arévalo, unha produtora cinematográfica está buscando  localizacións na comarca do  Baixo Miño. Entre outras...

Publicacións Relacionadas