Home Deputacións Deputación Pontevedra A Deputación investirá 150.000 euros na dotación de illas ecolóxicas e na...

A Deputación investirá 150.000 euros na dotación de illas ecolóxicas e na instalación de prazas de aparcamento en 11 concellos da provincia para dar vida ao comercio local

- Anuncio -

Estas iniciativas, enmarcadas no proxecto “Da túa man” (rural), beneficiarán a Agolada, Arbo, Barro, Campo Lameiro, Cuntis, Forcarei, Meis, Mondariz, As Neves, Rodeiro e Pontecesures

A Deputación de Pontevedra acaba de aprobar destinar preto de 150.000 euros para a subministración de illas ecolóxicas e a instalación de prazas de aparcamento ao abeiro do proxecto “Da túa man” (rural II), o programa financiado con fondos europeos de apoio á actividade comercial do rural da provincia que se desenvolve en once concellos da provincia. En palabras do presidente provincial, Luis López, esta iniciativa “pretende potenciar un dos principias motores económicos desta provincia. É algo vital para nós, para que os concellos, sobre todo os rurais, sigan con vida”.

En concreto, a Xunta de Goberno aprobou adxudicar a Cogami Reciclado de Galicia S.L. a instalación de illas ecolóxicas, por valor de 109.000 euros nos concellos de Agolada, Arbo, Barro, Campo Lameiro, Cuntis, Forcarei, Meis, Mondariz, As Neves, Rodeiro e Pontecesures. Estas illas contarán con contedores específicos para o papel/cartón, envases lixeiros, vidro, biorresiduos e restos, estarán dotadas con paneis de información e contarán con xardineiras ornamentadas.

Por outra banda, Crous S.L. será a empresa encargada de instalar, por valor de 39.000 €, prazas de aparcamento reservadas e accesibles e xardineiras na contorna comercial de Arbo, Campo Lameiro, Cuntis, Forcarei, Meis, Mondariz, As Neves, Pontecesures e Rodeiro. A iniciativa busca asegurar que os municipios conten con estacionamentos específicos para persoas con discapacidade, debidamente sinalizados e co tamaño adecuado. Ademais, o embelecemento das zonas comerciais con xardineiras axudará ás persoas con discapacidade visual a orientarse na área.

Relacionadas

A Deputación e Ourense prioriza en 2024 os proxectos sociais de atención a mulleres...

0
O grupo de goberno provincial abordou un redeseño do modelo de convocatorias de axudas da Deputación a proxectos sociais O programa de apoio para mulleres...

A Guarda prepara unha gran festa para celebrar as Letras Galegas

0
Blues do País, Magín Blanco e unha Foliada final serán os principais ingredientes desta xornada festiva. Neste 2024 A Guarda quere festexar o Día das...

O auditorio de Goián soará ao ritmo da Orquestra do Conservatorio Superior de Música...

0
Será este venres 10 de maio ás 20.30 horas con entrada libre O música resoará sobre o escenario do auditorio municipal de Goián co concerto...

60 familias de Salceda e Salvaterra beneficiaranse dun programa conxunto pioneiro

0
Os Concellos de Salceda de Caselas e Salvaterra de Miño, a través das súas respectivas Concellarías de Igualdade, veñen de botar a andar unha...

Baiona desentraña os segredos da arribada da Pinta nun emocionante xogo de escapismo ao...

0
Será o primeiro dos 14 escape rooms temáticos postos en marcha por Eu Rural e o Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño relacionados...

Obras de pintado e sinalización no Paseo de Cardona, en Chapela

0
O Concello de Redondela informa que desde o mércores día 8 ata o venres día 10 de maio realizaranse traballos de sinalización horizontal e...

Publicacións Relacionadas