O Concello de Baiona, en colaboración coa Asociación Española contra o Cancro, con motivo da conmemoración do Día Mundial da Loita contra o Cancro, que se celebra o 4 de febreiro, organizou unha xornada de concienciación, prevención e apoio aos enfermos de cancro.
A xornada comezará ás 10:00h no Pavillón Municipal de Deportes coa lectura dun manifesto por parte da Asociación Española do Cancro e a continuación organizouse unha marcha nórdica cun roteiro con charla a cargo do historiador, cronista oficial da Villa, Anxo Rodríguez Lemos. Desde a concellería de política social pídese a todas as persoas asistentes que veñan de verde para dar maior visibilidade á causa.
Esta actividade forma parte do proxecto “Deporturismo Social”: Trátase dun proxecto creado de forma transversal por varias concellerías co obxectivo de ofrecer á cidadanía maior información sobre distintas enfermidades que afectan de forma importante á nosa sociedade a través do lecer e o deporte.
Ademais durante as xornadas deportivas da fin de semana os clubs deportivos baioneses lucirán un lazo verde sumándose á campaña da Asociación Española contra o Cancro e haberá unha mesa informativa na tarde do domingo no Pavillón Municipal de Deportes.

