Free Porn
xbporn
Home Vigo Pazos de Borbén Desmentido ás Publicacións Difamatorias do Concelleiro do BNG, Xurxo Pardo

Desmentido ás Publicacións Difamatorias do Concelleiro do BNG, Xurxo Pardo

- Anuncio -

Ante as recentes publicacións en redes sociais e  en La Voz de Galicia por parte do concelleiro do BNG, Xurxo Pardo, vémonos na  necesidade de desmentir rotundamente as acusacións infundadas que se verteron  contra o goberno liderado por Luciano Otero. 

Falsas Acusacións sobre Custos de Rozas 

O concelleiro Pardo afirmou, sen fundamento algún, que o alcalde Luciano Otero gasta  o diñeiro público en contratar empresas privadas para realizar traballos de rozas a razón  de 75 euros por hora.  

A realidade é que non existen tales facturas nin se realizou ningún gasto de tal  magnitude. De feito, os datos reais mostran que a empresa mencionada por Xurxo  facturou ao Concello de Pazos de Borbén no mes de xaneiro 4.997,40 euros máis IVA por 320 horas de traballos en rozas, limpeza, etc…, resultando a hora de traballo da  empresa a 15,62€. Estes montantes distan moito dos 75 euros que afirma Xurxo. 

Contratación de Empresa Externa 

É importante aclarar que a contratación da empresa externa realizouse unicamente  debido a que o anterior goberno do PP deixou ao Concello con apenas dous operarios  para os últimos cinco meses do ano, totalmente insuficientes para atender todos os  traballos necesarios. Estas contratacións foron indispensables para manter uns servizos  mínimos. 

Desempeño da Empresa Contable 

Outra das acusacións de Pardo menciona a contratación dunha empresa contable que,  segundo el, retrasou os pagos no canto de axilizalos. Esta afirmación tamén é falsa e  facilmente desmentila con datos públicos: en xullo de 2023, ao asumir o goberno de  Luciano Otero, o período medio de pago do Concello de Pazos de Borbén era de 70 días.  No primeiro trimestre de 2024, este período reduciuse a 32 días, con previsións de  mellora continua. 

Xestión Responsable do Goberno Actual 

Durante este mandato só se levaron a pleno facturas pendentes de pago por un valor de  1,500 euros do ano 2023, mentres que o anterior goberno do PP deixou facturas sen pagar por un valor de 250,000 euros, acumulando débedas nos caixóns. Estas cifras  demostran a xestión responsable e transparente do actual goberno. 

Chamado á Colaboración e á Veracidade 

Luciano Otero lamenta que os partidos que se din progresistas estean aliñados co PP no  seu intento de tombar o goberno do cambio que tanto custou acadar. “Respectamos  que non se sumaran a traballar para mellorar o noso concello dende o goberno, que é  onde se demostra a valía. Entendo, tamén, que están na oposición e acepto as críticas  construtivas. Pero o que non tolero é a mentira e o engano que buscan desacreditar a  un goberno que o está a facer ben, malia os paus que nos poñen nas rodas” 

Otero espera ter aclarado as informacións falsas difundidas e pide rigor, veracidade e  abandonar “a estratexia do canto peor mellor que sacrifica o ben común de Pazos de  Borbén por intereses partidistas”

Relacionadas

O Goberno Municipal de As Neves traballa en solucións reais para o SAF

0
O actual goberno municipal de As Neves, liderado polo alcalde Jose Manuel Alfonso, lamenta profundamente a campaña de desinformación que intenta promover o BNG...

A Deputación ultima o prazo para que o persoal técnico deportivo das entidades locais...

0
As axudas convócanse en colaboración coa Asociación do Deporte Español para sufragar os custos da realización do Curso de Competencias de Dixitalización, Innovación e...

A Deputación de Pontevedra abre o próximo venres a exposición “Espazos liminais na miña...

0
A mostra estará dispoñible ata o 22 de setembro na sala de exposicións do Palacete das Mendoza, sede de Turismo Rías Baixas desde fai...

A Deputación retoma os obradoiros en familia sobre a exposición ‘A era das fábulas’,...

0
As actividades están dirixidos a nenas e nenos a partir de 6 anos acompañados dunha persoa adulta Dentro das actividades complementarias á exposición ‘A era...

A Deputación inicia a próxima semana máis de 20 novos obradoiros do programa Provincia...

0
Preto de 400 veciños de 15 concellos comezarán accións centradas en pandeireta e canto popular, musicoterapia, competencias dixitais, ioga ou ximnasia de mantemento A Deputación...

O Pleno se Salceda Aproba por Unanimidade a Moción do Grupo Socialista que...

0
O Pleno Ordiario do Concello de Salceda de Caselas celebrado o pasado Xoves 29 de  Agosto aprobou por unanimidade a moción presentada polos concelleiros...

Publicacións Relacionadas