HomeO MorrazoMarínDoce establecementos ofrecerán as súas mellores creacións culinarias na V Ruta Marín...

Doce establecementos ofrecerán as súas mellores creacións culinarias na V Ruta Marín Pincho a Pincho

- Anuncio -spot_img

A iniciativa gastronómica da Asociación Botón de Ancla desenvolverase entre os días 5 e 8 de xuño. As tapas valerán dous euros e haberá premios de xurado profesional e do público.

A Alameda Rosalía de Castro acolleu esta mañá a presentación da V Ruta Marín Pincho a Pincho, unha iniciativa gastronómica promovida pola Asociación Botón de Ancla e que cada ano suma novos participantes.

Nesta edición, son 12 os establecementos que ofrecerán á veciñanza e ás persoas que nos visiten durante os días 5, 6, 7 e 8 de xuño, as súas mellores creacións culinarias, para que a súa tapa poida erixirse como a gañadora do concurso.

Todas as tapas terán un custe de 2 euros e poderán degustarse entre as 12.30 e as 15.30 horas e entre as 19.30 e 22.30 horas. O xurado estará conformado por profesionais do CIFP Carlos Oroza, que entregará tres premios, aos que se sumará un coa votación do público, a través dunhas tarxetiñas que atoparán nos locais participantes, onde poderán votar do 1 ao 5.

Esta é a lista de tapas que se presentarán ao certame:

Local Nome da tapa Descrición
TAXI Champimuro Champiñón á prancha, recheo de
revolto de ceboleta, allo e un toque de
guindilla. Incorpóranse anaquiños de
langostino e o seu zume concentrado,
aromatizado con perexil fresco.
Acompáñase cun anaco de pan ao
forno, enriquecido con sal, fariña, viño
branco e aceite de oliva.
ROYALTY Mejillón del Royalty Deliciosa tosta ao allo cun recheo
saboroso de mexillón e unha anchoa
por riba para equilibrar o punto de
salgado.
CONSTRUMAR Perlas de Meiga Base de marmelada de pemento
asado con dúas perlas: unha de
salmón afumado rechea de burrata e
outra de bacallau. No centro, ovas de
caviar que achegan intensidade e,
como toque final, coral de choco para
sorprender coa súa textura.
A CENTRAL Central Marinero Salmón suave e meloso combinado
cun crocante de langostino que
aporta textura e sabor.
LA REAL Realmente Bueno Delicada brocheta elaborada con
polbo e langostinos cocidos, pasada á
prancha xusto antes de servirse para
potenciar o seu sabor. Acompáñase
cunha cremosa salsa alioli caseira na
base e coróase cunha tradicional
allada por enriba, que lle achega
carácter e intensidade.
POLYMNIA The secret too honey Secreto ibérico caramelizado con mel,
xenxibre e soia, aderezado con
sementes de sésamo. Acompañado
de patacas para completar o prato.
LOS MANJARES
DE CONCHITA
Lujuria Filloa salgada enriquecida con caldo
de peixe, rechea de polbo e gamba.
Acompañada cunha cremosa salsa de
gamba que realza os sabores
mariñeiros.
O CASINO Perfecta Armonía Escalibada feita ao forno con
pemento vermello e verde, cebola,
gambas salteadas con allo e perexil. A
zamburiña vai lixeiramente
sopreteada e todo está regado cunha
salsa de pesto verde. Espolvoreado
con queixo parmesano e cunha
redución de vinagre de Módena por
fóra.
O LAR DE ROSA Bocadito crujiente y
romesco
Chipirón recheo de arroz negro
envolto en papel de arroz e romesco.
NÁUTICO DE
AGUETE
Langostino a toda vela Unha combinación de sabores que
fusiona o mar e a terra. Langostino
tenro sobre unha cama crocante de
galleta de framboesa, cun toque doce
e afroitado. Un bocado que navega “a
toda vela” para conquistar o padal.
CENTRO
SOCIOCOMUNIT
ARIO
Sabores del mundo 1° bocado: Zamburiña á prancha sobre
paté de marisco
2° bocado: Bolebán recheo de paté de
marisco e mexilón
3° bocado : revolto de gulas sobre
crema de queixo en tosta mariñeira
MASK BY NIKY Éche o que hai Pan doce con queixo crema e
aguacate, acompañado de salmón
marinado en salsa teriyaki, rúcula
fresca e sucedáneo de caviar. Todo
rematado con sementes de sésamo
para un toque crocante.


Programación musical asociada á ruta e entrega de premios
Ademais das tapas, tamén haberá moita música estes días en Marín. O venres 6, ás 19.00 horas, pasarrúas co Grupo de Gaitas-Flok Carballido e ás 19.30 horas, concerto de Manuel Madarnás La MMARCA.
O sábado, o pasarrúas arrancará ás 12.00 horas coa Charanga Noroeste. E o domingo, haberá programación durante todo o día: ás 11.30 horas, pasarrúas ca Charanga Os Jalácticos; ás 12.00 horas, sesión vermouth na Alameda co Dúo BL Pop e Manuel Madarnás La MMARCA; ás 19.30 horas, actuación do Trío Azabache e ás 21.00 horas, entrega de premios aos locais gañadores da ruta para rematar co fin de festa.

Publicacións Relacionadas