• O líder do PP lamenta que o conflito do bipartito BNG-PSOE, no anterior mandato, implique a perda inminente de fondos europeos para o proxecto de renaturalización
• Os populares demandan reforzar o mantemento para evitar que se converta nun foco de ratas, insectos ou aves urbanas; ter en conta o risco de inundacións que poidan xurdir; e unha mellora substancial da iluminación para ofrecer unha contorna segura á cidadanía
O presidente local e portavoz municipal do Partido Popular de Pontevedra, Rafa Domínguez, reiterou o apoio da súa formación ás obras de destape e renaturalización do tramo urbano do río Gafeños, ao mesmo tempo que lamentou a perda inminente de fondos europeos e os anos de atraso para o inicio da execución do proxecto.
“O BNG de Lores peca sempre de facer obras e que o mantemento sexa absolutamente deficiente. Desde o PP de Pontevedra estamos a favor do proxecto, recolleito hai anos nas nosas propostas electorais, pero é importante que se realice en condicións óptimas para non xerar malestar veciñal”, asegurou Domínguez antes de citar os principais problemas que poden xurdir durante o desenvolvemento dos traballos.
Entre eles, o líder dos populares esixiu que o proxecto sexa especialmente sensible co risco de inundacións que poidan xurdir en Campolongo; un plan de control específico ante o risco dun posible foco de ratas, insectos ou aves urbanas; así como unha mellora substancial da iluminación que permita unha contorna ofrecer unha contorna amable e seguro para a cidadanía.
Doutra banda, Domínguez criticou a xestión “errática” do Gobierno municipal, a piques de perder oficialmente os fondos europeos suxeitos á resolución da Fundación Biodiversidade, que non permite finalizar o proxecto máis tarde do 30 de xuño de 2026, prórrogas incluídas: “É sumamente grave que os pontevedreses esteamos acostumados a que o Concello de Pontevedra perda subvencións millonarias pola inoperancia e a incapacidade do alcalde e dos seus oito concelleiros para sacar proxectos adiante. Denunciámolo cos salóns do Lérez e tamén co Gafeños”, lamentou.
Neste sentido, atribuíu o atraso acumulado na tramitación e inicio do proxecto de renaturalización ao conflito interno que existiu permanentemente durante o goberno de coalición BNG-PSOE no anterior mandato.
“Chegouse a aprobar provisionalmente a concesión de 3,7 millóns de euros para executar este e outros proxectos medioambientais na cidade de Pontevedra. Non ten ningún sentido que, despois de obter os fondos europeos, Lores decidise modificalo despois da ruptura co PSOE tras as eleccións municipais de 2023, sabendo os atrasos que iso ía supoñer”, recriminou unha vez que as prórrogas están a piques de caducar e que as arcas municipais terán que asumir o custo total da actuación.
Unha obra que insistiu en que o PP de Pontevedra apoiou desde un primeiro momento, pero con matices importantes como é a “pouca fiabilidade” que o Goberno do BNG asegura á hora de manter e conservar #executar.

