O Porriño conta desde este luns cun reforzo efectivo na conexión por autobús con Vigo

Redacción

A reorganización do transporte interurbano contempla melloras para atender as demandas da veciñanza

O Porriño contará desde este luns, 9 de novembro, cun reforzo efectivo do transporte público. A Xunta de Galicia comunicou oficialmente ao Concello a posta en marcha da nova liña XG883079 Tui–Porriño–Vigo E.I., que incorporará dous servizos diarios, de luns a venres laborables durante o período lectivo da Universidade de Vigo.

Esta nova conexión reforzará a oferta existente e permitirá incrementar a capacidade de transporte nun corredor con elevada demanda, especialmente nas primeiras horas da mañá e nos desprazamentos vinculados á actividade laboral e académica.

O Concello valora positivamente esta incorporación, que responde ás necesidades de mobilidade trasladadas á Xunta e supón unha mellora concreta para as persoas usuarias sen necesidade de agardar á resolución definitiva dos novos contratos.

Neste senso, o obxectivo municipal é seguir avanzando cara a un transporte público máis accesible, con mellores horarios, máis alternativas de desprazamento e conexións adaptadas ás necesidades reais da veciñanza.

O percorrido terá a súa orixe en Vigo e realizará paradas nos municipios de Mos, O Porriño e Salceda de Caselas, antes de finalizar na rúa Ourense, en Tui.

Esta nova conexión permitirá reforzar a oferta actual da liña XG883004 A Guarda-Tabagón-Goian-Torrón-Tui-Porriño-Vigo E.I. e dar resposta á elevada demanda existente neste corredor, especialmente nas primeiras horas da mañá e ao mediodía.

Deste xeito, incrementarase a capacidade dispoñible e melloraranse as posibilidades de desprazamento das persoas usuarias.

As saídas desde a estación intermodal de Vigo realizaranse ás 7:00 e ás 15:30 horas, con paso estimado polo municipio do Porriño nos seguintes horarios:

Parada

Mañá

Tarde

Ponte Galo (avda. de Galicia)

7:35

16:05

O Porriño (Xulgado)

7:38

16:08

O Porriño (Instalauto)

7:38

16:08

O Porriño (A Guía)

7:39

16:09

A Rocha (Atios)

7:40

16:10

Empalme de Casal (Budiño)

7:43

16:13

Empalme O Cerquido

7:48

16:18

(Os horarios de paso son aproximados e poderán variar en función das condicións do tráfico e do desenvolvemento do servizo)

Comparte este artigo