Home Pontevedra Caldas Dozón, Portas, Campo Lameiro, Moraña e Pazos de Borbén reciben preto de...

Dozón, Portas, Campo Lameiro, Moraña e Pazos de Borbén reciben preto de 220.000 euros en axudas da Xunta para a adquisición de puntos limpos móbiles

- Anuncio -

— O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda que beneficia a cinco concellos pontevedreses

— Estes dispositivos sumaranse á rede de puntos limpos fixos, que garante que máis de 2,2 millóns de galegos conten cunha instalación deste tipo a menos de 10 minutos

A Xunta de Galicia concedeu este ano tres axudas por un importe de preto de 220.000 euros para a adquisición de puntos limpos móbiles por parte dos concellos pontevedreses de Dozón, Pazos de Borbén e da agrupación municipal conformada polos de Portas, Campo Lameiro e Moraña.

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución coas 23 subvencións outorgadas ao abeiro da convocatoria realizada este ano pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, que no conxunto da Comunidade beneficiarán a un total de 31 municipios de menos de 3.000 habitantes e coas que poden cubrir o 100% do custo da compra deste vehículo, ata un máximo de 70.000 euros para unha solicitude individual, mentres que para unha agrupación de varios concellos pode chegar aos 100.000 euros.

Con esta liña de axudas mellórase e amplíase a xestión de residuos especiais de competencia municipal, co fin de favorecer a súa axeitada recollida, clasificación e preparación para a reutilización. De xeito paralelo, tamén se evita a proliferación de puntos de vertido incontrolado nas contornas e espazos naturais.

Os concellos teñen a posibilidade de escoller entre catro modelos de vehículos subvencionables: un contedor/caixa metálica de gran volume —modelo que poderá ser elixido só se a entidade local dispón de camión adaptado con equipo de gancho para a súa carga e traslado—; un remolque e contedor metálico de gran volume —sempre e cando o concello dispoña dun camión adaptado para a súa carga e traslado—; un camión con caixa e chasis; ou unha furgoneta adaptada con diferentes contedores ou compartimentos.

Así mesmo, con este tipo de incentivos avánzase un paso máis no cumprimento do Plan de xestión de residuos urbanos de Galicia 2020-2022, que outorga prioridade aos concellos de menos de 3.000 habitantes por ser o punto limpo móbil a opción que mellor se adapta as súas características.

Os 23 novos puntos limpos móbiles engadiranse aos 35 adquiridos ao abeiro das dúas convocatorias anteriores por un importe de 1,5 M€, que beneficiaron a máis dun cento de concellos.

Cómpre salientar que na actualidade máis de 2,2 millóns de galegos contan cun punto limpo fixo a menos de 10 minutos do seu domicilio, polo que os móbiles aos que se dirixen especificamente estas subvencións veñen a completar a rede autonómica, co fin de que toda a cidadanía poida dispoñer do servizo.

Relacionadas

A Xunta activa desde hoxe a descarga por parte de particulares da 5ª Edición...

0
― A iniciativa da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración permitirá mobilizar 12 millóns de euros en compras nos establecementos de proximidade, a través...

O Concello presenta a sexta edición da Feira de Minerais de Guláns que inclúe...

0
• O evento, que se desenvolve entre o 3 e 5 de maio, inclúe obradoiros nos colexios do municipio O Concello presentou a sexta edición...

Ruta guiada polo Val do Louro, Covelo, este domingo día 28

0
De trazado circular e dificultade media, o PRG-258 pode realizarse en arredor de cinco horas partindo ás 09:00 horas do monte da Guía, en...

O proceso participativo da estratexia 2030 recaba as ideas dos axentes sociais da vila

0
• As principais entidades asociativas da vila e empresas expuxeron as súas inquedanzas • Con esta reunión preténdese crear un camiño de unión no cumprimento...

Portas rendirán homenaxe ao cartógrafo e matemático Domingo Fontán no 236 aniversario do seu...

0
O acto desenrolarase este domingo ás 12 horas na Casa de Cultura no lugar de Porta do Conde, lugar de nacemento do insigne ilustrado. A...

Play-Doc reivindica o pasado e o presente do cinema galego na súa 20 edición

0
Play-Doc presenta os trece títulos da Competición Galicia e inaugura a sección Sombras, dedicada a recuperar películas de cineastas galegos cuxa obra foi pouco...

Publicacións Relacionadas