Encontro na noite de Santa Lucía para observar a choiva de estrelas

adminON
Lectura mínima de 1

O vindeiro venres 13 de decembro, ás 20:30 H, a Concellería de Cultura do Concello de Baiona, en colaboración con Chema Lamas, membro da Asociación Española de Astronomía, organiza un encontro para observar a choiva de estrelas que se producirá o día de Santa Lucía. O lugar escollido é no paseo de Monte Boi, en concreto no punto que vai por detrás do castelo á altura da Torre do Príncipe.

Nesta noite de Santa Lucía, preténdese localizar algunhas das múltiples estrelas fugaces que por estas épocas adoitan aparecer nos nosos ceos, pero a diferenza da maioría das choivas de estrelas, que son producidas polo paso de cométalos, as Gamínidas, son producidas por un asteroide chamado “Faetón”.

Teremos que situar no noso ceo a constelación dos xemelgos (Xémini con Cástor e Pulux nas súas cabezas) e localizar ademais o guerreiro Orión.

Importante: Traer roupa de abrigo.

Comparte este artigo