Home Pontevedra O Salnés Acto do BNG sobre as consecuencias do Proxecto Altri

Acto do BNG sobre as consecuencias do Proxecto Altri

- Anuncio -

O BNG de Vilagarcía estará maña martes, na rúa Alcalde Rey Daviña, recollendo alegacións  contra a implantación dunha fábrica de produción de pasta de celulosa no concello de Palas de Rei e que afectará á nosa Ría. A recollida será de 11:00 h. a 13:00 h..

Desde o Bloque Nacionalista Galego manifestamos o noso rexeitamento a este proxecto, non só pola súa agresión medio ambiental,  se non tamén polos efectos negativos nas actividades socioeconómicas.

Para o BNG a instalación desta megafactoría provocaría a contaminación do ar e das augas do río Ulla, que desemboca na ría de Arousa, ocasionando graves consecuencias ao sector do mar.

É por iso, que desde o BNG organizamos unha mesa redonda o vindeiro xoves, 18 de abril, ás 20 h., na Sala de Conferencias do Auditorio Municipal de Vilagarcía. Contaremos coa participación de Olaia Ledo, responsábel da Comisión Nacional de Ecoloxismo do BNG; Bernardo Valdés, profesor de Economía Aplicada na USC; Serxio Núñez, activista e membro da Plataforma Santiso Vivo e que está moderado o acto por Manuel Domínguez, responsábel comarcal do BNG Salnés.

Relacionadas

O consistorio dota de sanemento a PonteCabaleiros e Urzal

0
As obras consistiron en dotar de saneamento a barrios da parroquia de Barcela en Arbo, que carecían do mesmoAs obras, cuio importe ascendeu a...

O vicepresidente Rafa Domínguez presenta “Unha árbore cae”, a publicación editada pola Deputación que...

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, acaba de presentar no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra “Unha árbore cae”, a publicación editada...

O concello de Bueu recibe aos alevíns do Club do Mar Bueu polos éxitos...

0
Dende o consistorio déronlles os parabéns polo 6º posto acadado no LXXXI Campionato de España de Bateis O Concello de Bueu organizou esta tarde un...

A Deputación concede preto de 50.000 € a Ponte Caldelas para reparar o campo...

0
Trátanse de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que repartiu xa 2,5 millóns de euros entre os concellos de menos de 50.000 habitantes...

A Deputación celebra a inclusión dos xardíns da Estación Fitopatolóxica Areeiro na Ruta dos...

0
Trátase do segundo xardín da Deputación en formar parte deste percorrido promovido pola Xunta de Galicia, que xa incluía os do Castelo de Soutomaior Na...

Convocada unha visita á piscina municipal para as empresas interesadas en presentarse á súa...

0
Esta visita enmárcase no proceso aberto de licitación para contratar á empresa que se encargará de xestionar a piscina municipal, unha vez rematado o...

Publicacións Relacionadas