Home Pontevedra Deza Enerxétika 2024 foi escenario hoxe de dous foros con gran carácter estratéxico,...

Enerxétika 2024 foi escenario hoxe de dous foros con gran carácter estratéxico, o de Biomasa e o Iberoamericano de Enxeñeiros da Enerxía

- Anuncio -

 • O ENCONTRO CENTRADO NA BIOMASA CONTOU COA PRESENZA DO DIRECTOR XERAL DE PLANIFICACIÓN ENERXÉTICA E RECURSOS NATURAIS DA XUNTA DE GALICIA, PABLO FERNÁNDEZ, E O DIRECTOR DA AXENCIA GALEGA DA INDUSTRIA FORESTAL, JACOBO ABOAL

 • CORENTA EXPERTOS DE DIVERSOS ÁMBITOS E PAÍSES ACHEGARON O SEU PUNTO DE VISTA NESTAS XORNADAS DA FEIRA, A CAL SE CELEBRA ATA O SÁBADO NO RECINTO FEIRA INTERNACIONAL DE GALICIA ABANCA

O certame Enerxétika 2024, o cal se celebra desde hoxe ata o sábado no recinto Feira Internacional de Galicia ABANCA e de forma paralela ao salón ExpoMunicipal, acolleu esta mañá dous foros de gran relevancia para o sector nos que participaron un total de corenta expertos de diversos ámbitos e países, entre eles España, Portugal e Chile.

Así, celebrouse o V Foro da Biomasa, organizado polo Clúster da Biomasa de Galicia co obxectivo de explorar o papel do sector da biomasa como catalizador cara á neutralidade climática.

Na inauguración desta cita participou o director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais da Xunta de Galicia, Pablo Fernández, quen agradeceu o compromiso do Clúster da Biomasa coa feira e resaltou tanto que Galicia é unha potencia en enerxías renovables como a especial relevancia da biomasa como fonte de enerxía térmica, á vez que considerou que o papel da administración é poñer as ferramentas necesarias para a transición enerxética, con liderado e de forma exemplarizante. Acompañouno o director da Axencia Galega da Industria Forestal da Xunta, Jacobo Aboal, quen quixo subliñar a oportunidade da biomasa en solucións neutras, ademais de destacar o traballo do Clúster. Tamén estiveron presentes o presidente do Clúster da Biomasa, Francisco Álvarez, que aproveitou para agradecer o apoio institucional e tamén o da feira, e o director da Fundación Semana Verde de Galicia, Ricardo Durán, quen destacou o traballo “cóbado con cóbado” para a feira co Instituto Enerxético de Galicia (INEGA) e agradeceu o apoio das dúas direccións xerais presentes.

A primeira sesión abordou a biomasa nas AAPP de Galicia, expoñendo a biomasa para usos enerxéticos na Axenda Enerxética de Galicia 2030, o proxecto Aldealix e o impulso nas Comunidades Enerxéticas baseadas na biomasa, as redes de calor con biomasa na Consellería de Educación e a viabilidade de redes de calor urbanas con biomasa en Galicia.

O segundo bloque centrouse no recurso forestal en Galicia e dixitalización. Con esta premisa analizáronse a evolución de superficies forestais en Galicia, o aproveitamento de masas actuais e a súa potencialidade, as necesidades de dixitalización e permisos de curta e fortra, leñas de calidade controlada nun mercado de 1 millón de toneladas e tamén a evolución do mercado das astillas enerxéticas e os requisitos de sustentabilidade. A terceira das sesións versou sobre os retos da biomasa no futuro mix enerxético.

Entre a segunda e a terceira sesión, o foro celebrou dúas interesantes mesas redondas. A primeira delas profundou no pellet de madeira, a súa evolución e novos escenarios regulatorios, mentres que a segunda fixo o propio coa descarbonización da industrial.

III Foro Iberoamericano de Enxeñeiros da Enerxía

Así mesmo, a feira acolleu esta mañá o III Foro Iberoamericano de Enxeñeiros da Enerxía, organizado polo Instituto Iberoamericano de Enxeñeiros da Enerxía– 3IE ENERGÍA, o cal analizou distintos aspectos relacionados co sector enerxético tanto en diversos países de Latinoamérica como na Península Ibérica.

Así, expúxose a política enerxética en Portugal e tamén o mercado eléctrico chileno respecto a os retos de protección ao consumidor e a garantía de investimento. Así mesmo, falouse sobre hidróxeno verde, auditorías enerxéticas e a oportunidade para os Certificados de Aforro Enerxético, xestión enerxética industrial e casos de éxito na xestión de equipos auxiliares e sobre rehabilitación enerxética integral de edificios.

Sumáronse nos temas abordados a telexestión de alumeado e os centros de mando como nodos de comunicación, os refrixerantes ecolóxicos e a bomba de calor de CO2 Daitsu HT Prol para ACS, metodoloxía de avaliación socioeconómica de proxectos de transición enerxética en edificios públicos, mobilidade eléctrica respecto a infraestrutura eléctrica de recarga con subministracións en baixa e alta tensión en emprazamentos existentes dixitalización do mantemento eólico e ademais do sistema de detección e monitorización da avifauna na contorna de parques eólicos MakeMake.

Relacionadas

O Concello remite á Xunta unha proposta para mellorar a seguridade vial na estrada...

0
Solicita unha reunión coa Consellería para analizar a alternativa municipal, que  recolle a ampliación da calzada e a dotación dunha senda peonil O Concello de...

As mulleres rosaleiras, protagonistas da exposición de Mar Caldas no Centro Galego de Arte...

0
A exposición ‘Mulleres, traballo e memoria’ rende homenaxe á loita de tres xeracións de mulleres galegas a través dunha reflexión visual sobre a realidade...

A Deputación é seleccionada por primeira vez no Japan World’s Tourism Film Festival co...

0
O vídeo foi seleccionado entre máis de 1.100 candidaturas de todo o mundo e inicia así o seu paso polo circuíto internacional de festivais...

A Deputación leva a oficina móbil do programa +Renovables a Ribadumia, Sanxenxo e Vilanova...

0
O deputado provincial Javier Tourís visitou os concellos coa oficina móbil, que percorrerá todos os municipios de menos de 50.000 habitantes da provincia para...

O PP de Pontevedra denuncia o estado “lamentable” da Alameda

0
• Rey fai fincapé “nas árbores que, cada vez son menos, porque deixan os ocos das que tallan e non as volven plantar e,...

O BNG pide inspeccións e unha ordenanza que regule o avance descontrolado dos pisos...

0
A fronte nacionalista esixe que o Goberno local actúe dunha vez para frear esta “ameaza ultraespeculativa”, un dos principais obstáculos para acceder a unha...

Publicacións Relacionadas