Entre Praias Sunset Festival, un festival con seis horas de música gratuíto cunha das mellores postas de sol de fondo

Redacción

O Entre Praias Sunset Festival, un festival totalmente gratuíto que terá lugar o sábado 11 de xullo no parque da Palma e que permitirá desfrutar de máis de seis horas de música ao aire libre. Empezará ás 18:00h e durante a xornada poderase desfrutar da bonita posta de sol de Baiona.

Esta mañá o hall do Concello acolleu a presentación deste singular festival. O Alcalde de Baiona, Jesús Vazquez Almuiña, acompañado polo seu equipo de goberno desvelou o cartel do festival.

Todas as persoas que acudan o 11 de xullo pola tarde ao parque da Palma poderán bailar e vibrar con DJs que son todos uns referentes do panorama nacional e galego como é LG1DO, Juanjo García, Gainza, Yaggo e Vince Stone, estes dous últimos veciños de Baiona.

Este esperado evento de música ao aire libre é totalmente gratuíto e realízase coincidindo cun os atardeceres da costa máis bonitos. Está organizado polo Concello de Baiona e a empresa A Gramola.

Comparte este artigo