HomeVigoMosÉxito da Festa da Bici en Mos con centos de participantes, deporte...

Éxito da Festa da Bici en Mos con centos de participantes, deporte en familia e homenaxe ao talento local

- Anuncio -spot_img

O Concello de Mos viviu este sábado unha mañá inesquecible coa celebración da Festa da Bici, unha actividade que reuniu a centos de persoas arredor do deporte, a convivencia e o orgullo comunitario. A xornada, enmarcada dentro da programación especial pola saída da Vuelta Ciclista a España 2025 desde Mos, contou cunha elevada participación e un ambiente festivo e familiar.

A actividade central foi unha ruta ciclista polas rúas do polígono, con chegada ao Campo de Fútbol das Baloutas, onde os asistentes puideron gozar dunha gran merenda, inchables, obradoiros creativos, animación para a cativada e unha convivencia que reforzou o espírito deportivo e social do municipio.

Un dos momentos máis emotivos da mañá foi o homenaxe aos clubs de fútbol locais que acadaron logros destacados esta tempada, cun recoñecemento especial aos seguintes equipos:

🔴 UD Mos:

Equipo Infantil: Campións da 1ª Galicia Futgal Grupo 4º e ascenso a Preferente Futgal.

Equipo Alevín: Campións de Liga 2ª Futgal Grupo 1º e ascenso a 1ª Galicia.

Equipo Xuvenil: Ascenso a 1ª Galicia.

⚫ Club Louro Tameiga:

Equipo Senior: Ascenso a Segunda Futgal.

Equipo Infantil feminino: Campioas da segunda fase da Liga Galega Infantil.

Equipo Infantil masculino: Ascenso a Segunda Futgal.

O Concello puxo en valor o esforzo, o traballo en equipo e o compromiso destas entidades, que representan con orgullo a Mos no ámbito deportivo.

Durante o evento entregáronse tamén camisetas conmemorativas aos menores de 14 anos inscritos, que esgotaron as 500 unidades dispoñibles.

A alcaldesa, Nidia Arévalo, destacou que “a Festa da Bici representa á perfección o que queremos para Mos: un concello activo, unido e orgulloso dos seus deportistas. Hoxe foi unha festa da mobilidade sostible, da familia e tamén do talento local”.

A Festa da Bici deixa así un sabor inesquecible e abre camiño para a gran cita ciclista da Vuelta 2025, que terá como punto de saída o noso concello.

Publicacións Relacionadas