Fase Final Galega de Fútbol 7: A Coruña vs Vigo en Baiona

Redacción

Final galega de Fútbol 7

O vindeiro sábado 27 de xuño celebrarase en Baiona no campo do Aral a Fase Final Galega de Fútbol 7, na que se enfrontarán os equipos clasificados das ligas da Coruña (Seven League) e Vigo (Liga Metropolitana).

O evento reunirá aos mellores equipos afeccionados das dúas cidades nunha xornada deportiva que busca promover o fútbol base, o deporte amateur e a convivencia entre comunidades.

A competición desenvolverase durante toda a xornada en formato eliminatorio, culminando coa gran final e a posterior entrega de premios.

Un ano máis, este torneo conta coa estreita colaboración do Concello de Baiona, cuxa implicación e cesión das instalacións municipais resultan fundamentais para consolidar o evento como unha das grandes citas do deporte galego.

Así mesmo, desde o concello e a organización esperamos unha alta participación de público e afeccionados que se acheguen a desfrutar do mellor fútbol afeccionado de Galicia, poñendo en valor o esforzo e o talento dos xogadores que competeron ao longo de toda a tempada para alcanzar esta gran cita.

Comparte este artigo