Juan Ferrón ultima o seu debut en París

adminON
Lectura mínima de 2

Juan Ferrón leva desde o pasado sábado na capital gala, onde se prepara para facer o seu debut olímpico o vindeiro xoves día 29.

  • O nadador do Club Natación Mos Juan Ferrón (2003) xa se atopa na capital francesa, ultimando os seus adestramentos previos a competición na espectacular piscina da Défense Area á que se lanzará o vindeiro xoves 29 nos 100m bolboreta, con serias opcións de poder nadar á tarde a final e situarse entre os oito mellores nadadores do mundo. Volverá a zambullirse na piscina o día 31, cos 400m Libres.
  • Desde o Club Natación Mos destacan o gran orgullo que senten por Juan ao “ver o lonxe que chegou en só cinco anos competindo en adaptada” e móstranse seguros “de que fará un gran papel” xa que é un nadador ao “que se lle dan ben as grandes competicións” pero destacan sobre todo o feito de gozar e coller experiencia nos seus primeiros Xogos Paralímpicos. Pola súa banda Juan Ferrón atópase tranquilo “vendo a competición aínda moi lonxe e enfocándose en preparar os últimos detalles. A estratexia de carreira”.
  • O mércores día 28 darán comezo de forma oficial os Xogos Paralímpicos de París 2024 coa cerimonia de inauguración, cunha delegación española formada por 139 deportistas que formarán parte do equipo olímpico e ata un total de 259 entre deportistas de apoio, técnicos e persoal.
Comparte este artigo