- Será este venres 10 de xullo na praza de San Sebastián enmarcado nas Festas de San Bieito. A cativada terá tamén concerto o domingo
O Mano de Santo DJ Festival volve ao Porriño este venres 10 de xullo cun cabeza de cartel que está triunfando máis aló das nosas fronteiras.
Trátase de Kid Mount, un cantante e compositor galego nacido en Xinzo de Limia e afincado en Santiago de Compostela, considerado unha das voces emerxentes da música urbana en Galicia. Dende 2021 destaca por fusionar xéneros como o trap, o reguetón e o hip hop con letras en gallego, apostando por un estilo personal que combina emoción, identidade cultural e sons contemporáneos. En 2023 publicó o seu álbum, Ben Mal, e posteriormente lanzou outros proxectos como “NeoAmor, Amor e Outras Drogas” e “Perreo Paradiso”, consolidando unha proposta artística que conectou especialmente coa mocidade e que contribui a impulsar a música urbana na nosa lingua.
O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, destacou que “queremos que as Festas de San Bieito sigan medrando cunha programación atractiva, pensada para todos os públicos e capaz de traer ao Porriño artistas que están marcando o panorama musical actual. Mano de Santo DJ Festival é unha aposta pola cultura, polo talento e por ofrecer alternativas de lecer de calidade para a mocidade e para toda a veciñanza”.
No cartel deste festival con entrada de balde e ao aire libre, na praza de San Sebastián, están tamén os DJs Shameless e Juan Demarco. Ambos parte da escena local, están dispostos a demostrar que O Porriño potencia a súa canteira. Tanto o rexedor como o concelleiro de Festas, Bienvenido Estévez, destacan a importancia tamén de seguir apoyando o talento local.
DJ Shameless
É un dos DJs e productores emerxentes da zona de Pontevedra e Vigo, e está facendo vibrar as pistas de baile co seu estilo único e a súa pasión. Comezou a súa traxectoria no 2019 actuando en festivais locais como o Divina Rave no Porriño, e no 2022 converteuse en DJ residente do Safari O Porriño.
Con só 24 anos xa deixou a súa marca en numerosas discotecas e pubs do Val da Louriña grazas ás súas mezclas innovadoras nas que fusiona o mellor da música urbana e electrónica, demostrando en cada actuación a súa capacidade para manter ao público entregado.
Juan Demarco
DJ natural do Porriño e un dos artistas con máis crecemento dentro da escena electrónica da nosa provincia. Cunha proposta centrada no deep house e o tech house, o seu estilo caracterízase por un ritmo e unha elegancia propia que permítenlle conectar co público dende o primeiro beat.
Ao longo da súa traxectoria levou a súa música a diversas salas, festivais e eventos de Galicia e Portugal, compartindo cabina con multitude de artistas da escena rexional e participando en grandes citas como Porrigalia ou este Mano de Santo DJ Festival. Unha das súas señas de identidade é a súa versatlidade, que permitiulle adaptarse a pinchar en todo tipo de formatos, desde clubes e sesións íntimas ata festivais e eventos ao aire libre.
Con propostas como Mano de Santo DJ Festival, o Concello do Porriño continúa reforzando unha programación que combina artistas de primeiro nivel co impulso ao talento local, consolidando as Festas de San Bieito como unha cita de referencia no verán e un espazo de música, diversión e desfrute para toda a veciñanza e para as persoas que visitan o municipio.

