Free Porn
xbporn
Home Vigo Pazos de Borbén Luciano Otero asegura que o próximo mércores pode quedar desbloqueada a firma...

Luciano Otero asegura que o próximo mércores pode quedar desbloqueada a firma do convenio da EP-2702 coa Deputación

- Anuncio -

• Alternativa Veciñal, co alcalde Luciano Otero á cabeza, asinará o convenio sempre e cando sexa ratificado por todos os membros da corporación, incluíndo PSOE, PP e BNG.

• O Alcalde toma esta iniciativa ao mostrarse favorables todos os grupos a asinar o convenio inda cos reparos de intervención.

O alcalde de Pazos de Borbén, Luciano Otero, quere informar á veciñanza sobre a situación actual da estrada EP2702, un vial de titularidade da Deputación, cuxa mellora está actualmente paralizada por motivos alleos ao Concello.
O Concello de Pazos de Borbén xestionou os 41.000 euros solicitados pola Deputación para realizar as expropiacións necesarias e proceder á renovación desta vía. Porén, a secretaría municipal sinalou que parte deses cartos, concretamente 11.000 euros, están destinados a expropiar terreos pertencentes no Concello de Redondela, o que considera un gasto improcedente para Pazos de Borbén.
O Alcalde considera urxente esta actuación pero quere actuar con garantías legais. As opinións da Deputación, que manifestaba a plena legalidade do convenio, e da Secretaría municipal, que era contraria, eran coñecidas. Por iso lle solicitou asistencia xurídica á Deputación, para que esta emitira informe favorable cos seus criterios e poder asinar inmediatamente cun respaldo legal.
A negativa da Deputación a emitir un informe que ratifique a legalidade do seu propio convenio bloqueou a situación. Quen finalmente tivo que informar foi a Secretaría municipal co resultado que xa se coñecía, contrario.
Sen embargo, no último Pleno municipal abriuse unha porta que permite desatrancar a situación. Todos os grupos da oposición municipal (PP, PSOE e BNG) manifestaron que o Alcalde debía ter asinado o convenio.
Diante desta oportunidade, Luciano Otero tomou a decisión de levar a un pleno extraordinario o acordo coa Deputación. Se, en coherencia co manifestado no último Pleno, todos os grupos votan favorablemente resolver a discrepancia do informe municipal, co respaldo da Corporación o Alcalde comprométese a asinar o Convenio.
Ante a negativa da Deputación e pensando no ben dos veciños e veciñas, terá que ser o Concello quen resolva unha situación da que non é responsable. O Alcalde lembra que o Concello demostrou estar disposto a colaborar, pero a titularidade da vía e a responsabilidade de resolver os atrancos é da Deputación. Finalmente, fai un chamamento á Deputación para que empecen a traballar xa nos seguintes tramos da EP2702.

Relacionadas

O Concello inclúe a creación dun novo paso de peóns en Concepción Arenal

0
Aproveitando a mellora da urbanización desta zona que se está a executar, dotouse ao tramo que vai da Rotonda das Anclas ao cruce con...

Luis López destaca un esforzo de máis de 900.000 euros da Deputación para mellorar...

0
O presidente provincial visita o concello da Cañiza para inaugurar o campo de fútbol, no que a Deputación investiu 630.000 euros para financiar unha...

Calendario de actividades para o fomento da lectura de setembro-outubro de 2024

0
TALLERES DE CREACIÓN LITERARIA e VI CONCURSO DE CONTO CURTO PAZOS DE BORBÉN Hai uns días comezouse a programar as actividades de outono-inverno coa...

A Festa da Lamprea: arraigo, historia, tradición e cultura dunha vila

0
A resolución asinada o 16 de xaneiro de 2023, na cal se acordaba conceder o Titulo de Festa de Interés Turístico Internacional á Festa...

Tomiño aposta pola vida activa da súa veciñanza cunha axenda de actividades saudables

0
Baixo o nome de Impacto saudable, o Concello pon en marcha un programa para fomentar o deporte a todas as idades A primeira cita será...

Tui da a benvida ao outono cunha programación de teatro e música de calidade...

0
Seis espectáculos conforman a nova temporada no teatro tudense O próximo venres 4 de outubro comeza unha nova temporada de programación no Teatro Municipal de...

Publicacións Relacionadas