O deputado nacionalista insta á Xunta a colaborar co concello de Cuntis no arranxo da rede de saneamento e deputación en Meira
Mais alá das sancións que se lle estean impoñendo ao Concello pola situación creada na EDAR é preciso darlle unha solución inmediata que resolva o desastre medioambiental e sanitario que supón nestes momentos a depuradora
No pasado verán produciuse o colapso da EDAR de Meira en Cuntis debido, entre outras cousas, á situación de abandono causada pola xubilación do operario encargado do seu mantemento e a decisión do goberno de Manuel Campos de non substituílo. Esta actitude irresponsable e a mala xestión do alcalde está na orixe do deterioro actual da EDAR de Meira.
O colapso da EDAR provocou unha emerxencia sanitaria en Meira con cheiros insoportables polas graves verteduras directas de augas fecais sen depurar cara ao leito fluvial do Río Gallo; cando, ademais, o Gallo verte no Umia e a poucos quilómetros da captación de auga para concellos como Caldas. Ademais, a vertedura afectou gravemente á calidade de vida dos veciños e veciñas do lugar que mais medra no concello que se viron obrigadas a evitar permanecer no exterior polo fedor intenso.
Esta contaminación causou un forte impacto no ecosistema fluvial, nunha área de alto valor ecolóxico, patrimonial e paisaxístico, con mortandade de peixes e contaminación da auga. Esta área está atravesada polo itinerario de peregrinación da Vía Mariana e conta con enclaves como os Pasos de Meira que son transitados por numerosas persoas, camiñantes e sendeiristas.
As reiteradas denuncias por parte da veciñanza están a día de hoxe sen resposta, e ante esta situación o deputado do BNG, Luís Bará, rexistrou no Parlamento galego unha Proposición Non de Lei na que se insta ao goberno galego a adoptar de modo urxente todas as medidas cautelares e de inspección para eliminar os vertidos contaminantes no río Gallo á altura de Meira (Cuntis) e a colaborar co concello de Cuntis no arranxo da rede de saneamento e depuración en Meira.
Mais alá das sancións que se lle estean impoñendo ao concello de Cuntis pola situación creada
na EDAR é preciso darlle unha solución inmediata que resolva dunha vez por todas o desastre medioambiental e sanitario que supón nestes momentos a depuradora
Para explicar as accións que propón o BNG, Luis Bará estivo onte en Meira cos veciños e veciñas para coñecer de primeira man a situación que se vén obrigados a soportar cada día e informarlle das iniciativas levadas a cabo polo BNG no Parlamento galego para buscar unha solción urxente a este grave problemas.
.
Compre lembrar, ademais, que o BNG xa presentara unha moción no concello esixindo a asignación inmediata do persoal necesario para realizar as tarefas diarias de mantemento, control e vixilancia ambiental na EDAR de Meira, a elaboración dun plan de choque para poñer en funcionamento a depuradora, unha avaliacion dos danos ao rio Gallo e a elaboración dun plan de rexeneración ambiental e limpeza do leito nas zonas afectadas polas recentes verteduras de fecais.

