Home O Condado Mondariz Luis López: “Pablo e o seu equipo ofrecen un proxecto de maioría,...

Luis López: “Pablo e o seu equipo ofrecen un proxecto de maioría, un proxecto sólido e de futuro para Mondariz”

- Anuncio -

• Paula Prado sinala que “non hai mellor forma de homenaxear a Juan Reboreda” no aniversario do seu pasamento o 31 de maio do pasado ano que recuperando a alcaldía cunha maioría absoluta.


• Pablo Barcia: “Quero dedicarme en corpo e alma ao meu concello”, e entre as súas propostas sinala “impulsar unha residencia para maiores, a escola infantil 0-3 anos, un comedor escolar de calidade, renovar a Praia Fluvial do Val e a súa contorna, bacheado por parroquias e un longo etcétera de necesidades”.

O presidente do Partido Popular de Pontevedra, Luis López, amosouse esta tarde convencido de que o PP presenta unha verdadeira alternativa de Goberno para Mondariz. “Pablo e o seu equipo ofrecen un proxecto de maioría, un proxecto sólido e de futuro”, sinalou durante a presentación do candidato á alcaldía, Pablo Barcia, nun acto no que tamén participou a secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado.

López destacou que o candidato popular “é unha persoa con inquedanzas, con ganas, coas ideas moi claras, que ten proxectos e con iniciativa. Todas elas, cualidades moi importantes e moi necesarias para gobernar con acerto, xestionar con rigor e atender de xeito comprometido as necesidades dos veciños”. Durante a súa intervención, o líder provincial recoñeceu que “Gobernar non é fácil, require de xente que teña determinación, ilusión, forza e que sabe do que fala. E isto é o que o Partido Popular promete a partir do 28 de maio aquí en Mondariz”.

Agradeceu un ambiente “que contaxia ilusión e ganas”, e que demostra que “a xente quere un cambio neste concello, e o PP é o único partido que pode garantilo”. Recordou que nas últimas eleccións que se celebraron, as autonómicas de 2020, o PP gañou con contundencia en Mondariz. “Sodes maioría os que apostástedes naquel momento por un Goberno do PP na Xunta de Galicia. E estou convencido de que agora tamén sodes maioría os que ansiades un cambio para Mondariz. Os que mirades cara outros concellos vendo como avanzan, se desenvolven e melloran os seus servizos e as súas oportunidades, mentres Mondariz continúa estancado, paralizado e perdendo investimentos e oportunidades”.

PAULA PRADO: “PABLO BARCIA FARÁ QUE MONDARIZ VOLVA SER UN PROXECTO DE ÉXITO”

Pola súa banda, a secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, puxo en valor que Pablo Barcia “coñece moi ben a necesidade de marcarse obxectivos, o esforzo que supón acadalos e a importancia de contar cun bo equipo” e que por iso “sabe moi ben o que hai que facer e como facelo para conseguir que Mondariz volva ser un proxecto de éxito”.

Lamentou que o concello iniciase en 2015 “unha senda na que nunca debeu meterse e da que ten que saír canto antes”, facendo referencia así á “parálise, a falta de enerxía e a primacía dos intereses persoais fronte aos dos veciños” que caracterizan ao actual goberno local.

En clave autonómica, Paula Prado criticou que o BNG “quere ecoloxismo sen eólicos, emprego sen empresas e feminismo votando a favor da Lei do só si é si e das rebaixas de penas a delincuentes sexuais”. Asegurando neste sentido que isto é algo que desde o PPdeG non queren nin para Mondariz nin para o resto de concellos galegos.

“Tampouco queremos máis sanchismo en España, nin en Galicia. Porque por moito que queiran ocultalo, cada voto ao PSOE nestas municipais é tamén un voto a Pedro Sánchez e unha forma de mostrarlle apoio a el e ás súas políticas”, engadiu. E, neste sentido, a número dous dos populares galegos fixo un chamamento aos seus a recordar isto nun momento no que os socialistas “van presumir moito duns ministros galegos non practicantes e de ter un banquillo no que xa non hai cabida para máis xogadores”.

En contraposición a todo isto, Paula Prado reivindicou a necesidade de devolver aos veciños de Mondariz un goberno en maioría do Partido Popular “para que a solvencia, o rigor, a estabilidade, a xestión e o sentidiño que caracterizan ao goberno de Alfonso Rueda” cheguen a este concello “do mesmo xeito que moi pronto volverán a España da man de Alberto Núñez Feijóo”.

Para concluír, a secretaria xeral do PPdeG quixo ter un recordo para quen fora alcalde de Mondariz durante máis de 30 anos, Juan Reboreda, asegurando que “non hai mellor forma de homenaxealo” no aniversario do seu pasamento o 31 de maio do pasado ano que recuperando a alcaldía cunha maioría absoluta. E dirixíndose directamente ao candidato animouno a “ir a por todas”.

“QUERO DEDICARME EN CORPO E ALMA AO MEU CONCELLO”

Pola súa parte, o candidato agradeceu o apoio dos veciños. “Quero dedicarme en corpo e alma ao meu concello. Ofrezo traballo e compromiso. Temos un proxecto claro para devolver a Mondariz o empuxe que necesita”. Entre as súas propostas, destaca impulsar “proxectos tan importantes como unha residencia para maiores, a escola infantil municipal de 0-3 anos, un comedor escolar de calidade, renovar a Praia Fluvial do Val e a súa contorna, bacheado por parroquias, e un longo etcétera de necesidades”.

Sobre a candidatura, Pablo Barcia adiantou que “será un equipo renovado, no que se integren persoas novas, que aporten novas ilusións e ideas, e que se mesturará con xente con experiencia”. En todos os casos, indicou, “son persoas comprometidas, que se implican, que chegan para sumar e para traballar para mellorar Mondariz e a calidade de vida dos nosos veciños”.

Relacionadas

Luis López salienta que o +Provincia mobiliza esta semana case 2 millóns de €...

0
Os novos recursos beneficiarán a Cambados, Cangas, Cuntis, A Guarda, A Lama, Marín, Moaña, Mondariz, As Neves, Oia, Pazos de Borbén, Portas e Vilanova...

Juncal esixe ao Concello de Pontevedra que “arranxe vos problemas de accesibilidade á pista...

0
• O PP fai un chamamento ao Goberno local para que se “sensibilice e conciencie” sobre a importancia de eliminar “barreiras arquitectónicas que dificultan...

A Deputación aproba a lista de entidades que se beneficiarán dos obradoiros para maiores...

0
En total, 130 entidades de 42 concellos da provincia teñen asegurada xa unha actividade, coa mobilización de 3.000 persoas. Outras 120 pasan a formar...

A Coral Polifónica Ventos do Val celebra o seu Concerto de Primavera 2024

0
A mosense Coral Polifónica Ventos do Val, o domingo dia 12 de maio ás 19 horas do serán celebra o concerto de primavera 2024,...

Derraeiros días para presentarse ao Concurso de Carteis ‘Nigranjazz-Quin Alborés’ do concello de Nigrán,...

0
O prazo de presentación de propostas remata o martes 30 de Abril, 'Día Internacional do Jazz'. O festival celebra a súa maioría de idade...

O Porriño acolle este domingo unha nova edición da Feira de Abril

0
• Será a partir das 18 h no parque do Cristo e os encargados de amenizar a xornada serán os grupos Andalu-sí e Pasión...

Publicacións Relacionadas