Home Vigo Nigrán Derraeiros días para presentarse ao Concurso de Carteis 'Nigranjazz-Quin Alborés' do concello...

Derraeiros días para presentarse ao Concurso de Carteis ‘Nigranjazz-Quin Alborés’ do concello de Nigrán, dotado con 700 €

- Anuncio -

O prazo de presentación de propostas remata o martes 30 de Abril, ‘Día Internacional do Jazz’. O festival celebra a súa maioría de idade cun aumento dun 40% da dotación económica para o cartaz gañador

Recta final para presentar propostas para o concurso de carteis ‘Quin Alborés-Nigranjazz’ do Concello de Nigrán, cuxo prazo remata o martes 30 de Abril, Día Internacional do Jazz. Nesta edición o Concello aumentou a 700 euros o premio ao cartaz gañador para festexar así a maioría de idade do festival (desde a súa orixe o premio foi sempre 500 €). O certame ten como obxectivo difundir a imaxe do Nigranjazz 2024 na súa XVIII edición. O certame rende homenaxe desde o ano 2010 ao falecido artista nigranés Quin Alborés, gran amante do xénero e quen impulsou o evento desde o seu comezo deseñando os tres primeiros carteis. As bases completas poden consultarse na web do Concello www.nigran.es ou na propia Casa Consistorial.

Como en cada edición, o concurso está aberto a persoas físicas maiores de 18 anos, podendo presentar cada unha delas (individualmente) un máximo de dúas obras, coa condición indispensable de ser inéditas e cunha estética relativa ao mundo do jazz. Os orixinais realizaranse en formato vertical, en tamaño A2 (594 x 420 mm.) e deben ser anónimos de acordo co previsto nas propias bases, poidendo enviarse as propostas por correo electrónico, por Rexistro ou Correos, seguindo as indicacións facilitadas na convocatoria.

Relacionadas

A Guarda prepara unha gran festa para celebrar as Letras Galegas

0
Blues do País, Magín Blanco e unha Foliada final serán os principais ingredientes desta xornada festiva. Neste 2024 A Guarda quere festexar o Día das...

O auditorio de Goián soará ao ritmo da Orquestra do Conservatorio Superior de Música...

0
Será este venres 10 de maio ás 20.30 horas con entrada libre O música resoará sobre o escenario do auditorio municipal de Goián co concerto...

60 familias de Salceda e Salvaterra beneficiaranse dun programa conxunto pioneiro

0
Os Concellos de Salceda de Caselas e Salvaterra de Miño, a través das súas respectivas Concellarías de Igualdade, veñen de botar a andar unha...

Baiona desentraña os segredos da arribada da Pinta nun emocionante xogo de escapismo ao...

0
Será o primeiro dos 14 escape rooms temáticos postos en marcha por Eu Rural e o Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño relacionados...

Obras de pintado e sinalización no Paseo de Cardona, en Chapela

0
O Concello de Redondela informa que desde o mércores día 8 ata o venres día 10 de maio realizaranse traballos de sinalización horizontal e...

A praia de Cesantes rexistra a chegada das “lebres de mar”

0
A concellería de Medio Ambiente tivo coñecemento esta fin de semana da chegada de varios exemplares de “lebres de mar” á praia da Punta,...

Publicacións Relacionadas